GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Este é o perfil demográfico de Lugo: a metade vive en seis concellos, 50 anos de idade media e crecen os estranxeiros

(21/04/2021)

Este é o perfil demográfico de Lugo: a metade vive en seis concellos, 50 anos de idade media e crecen os estranxeiros


       Hai 55.337 persoas que naceron na provincia que residen noutros puntos de España


Despoblación y demografía, uno de los retos de futuro en la provincia. En la imagen un vecino de Piornedo, Cervantes

Despoboamento e demografía, un dos retos de futuro na provincia. Na imaxe un veciño de Piornedo, Cervantes


La Voz de Galicia

lugo / a voz 21/04/2021


O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou onte os datos provisionais sobre o censo do padrón continuo ao 1 de xaneiro do 2021 e no que se constatan tendencias demográficas que definen á provincia de Lugo como un lugar con características propias dentro de España.

Crece o número de estranxeiros

Nova marca. A presenza de estranxeiros na poboación da provincia de Lugo vai crecendo, tanto en número relativos como en porcentaxes na medida en que se perde poboación autóctona. Na provincia viven 16.404 estranxeiros, 251 máis que o ano anterior, que xa fora un récord. A cifra é relevante na medida en que no 2020 comezou a pandemia e aínda así seguen chegando máis foráneos. Fai vinte anos a presenza de estranxeiros era residual en Lugo, con cifras de apenas tres mil foráneos. O acelerón económico da primeira década provocou que se chegase aos 14.502 do 2011, pero a crise detivo esta subida imparable, baixando aos 12.636 do 2017. Desde ese ano a tendencia é de crecemento, aínda que na última anualidade, polo covid, foi  menor que en anos anteriores. Haberá que ver as consecuencias da pandemia en que medida frean a chegada de estranxeiros. Iso si, polo menos maquíllanse os datos a nivel nacional e non se entra no club de León e Zamora, que entre o 2015 e o 2020 perderon máis do 4 % da súa poboación. Lugo está no pelotón de entre o 2 % e o 3,9 %.

O perfil dos estranxeiros

Traballos menos cualificados. A distribución de estranxeiros na provincia en canto ao sexo é similar, con 8.213 homes e 8.191 mulleres. Por países, Romanía con 2.379 e Marrocos con 2.338 copan os primeiros postos, seguido de Colombia con 1.620 e Portugal con 1.464. Logo veñen Venezuela (1.030), Brasil (1.016), República Dominicana (735), Cabo Verde (493), Indonesia (482), e Perú (444). Como se pode comprobar son cidadáns que acaban traballando nos postos menos cualificados de sectores como o campo, a pesca, a hostalería e a construción, e que deixan vacantes as persoas nadas na provincia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas