GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración renova o seu espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con contidos gastronómicos e turísticos

(20/04/2021)

Emigración renova o seu espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con contidos gastronómicos e turísticos

Esta semana descubriremos como se fabrica a androlla, así como unha experiencia de peregrinación feita por mulleres, e escoitaremos a música de Abe Rábade.

 

Pódense visionar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, Ciencia e historia galegas, Música e Artes escénicas.

 

'Gastronomía para non perderse', con André Arzúa

"Gastronomía para non perderse", con André Arzúa

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración segue a difundir, a través da súa plataforma web (GaliciaAberta – https://emigracion.xunta.gal), os contidos audiovisuais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, co obxectivo de que os galegos e galegas do exterior poidan desfrutar destes contidos musicais, culturais e cinematográficos que lles acerquen máis a Galicia.

 

Nesta ocasión, no capítulo de Ciencia e historia galega destacamos Gastronomía para non perderse do xefe de cociña André Arzúa, que nos mostrará diversos produtos alimentarios galegos e os seus procesos de elaboración a través de cinco capítulos. Na primeira entrega coñeceremos a androlla e o proceso que se agocha detrás deste tradicional manxar da nosa terra.

 

No capítulo de Xacobeo pódese coñecer a historia de cinco mulleres que plasmaron a súa viaxe polo Camiño de Santiago a través dun libro, amosando como esta viaxe é unha fonte de transformación e unha experiencia de viaxe accesible, sostible, segura e diferenciada no mercado turístico actual. O Camiño das mulleres é un proxecto que fai referencia a mulleres galegas de diferentes épocas e tempos, que romperon convencionalismos e se converteron en verdadeiros referentes para as novas e futuras xeracións.

 

No eido das Artes escénicas, diriximos á xente miúda da familia para coñecer as historias de Telmo o equilibrista, a gata Rita ou a florista Hortensia, nun formato de teatro adaptado ao audiovisual. E finalmente, en canto ao apartado musical, preséntanse un concerto do compositor e pianista Abe Rábade, interpretando un único repertorio seleccionado e traballado con varias pezas, gravado ao aire libre o 4 de novembro de 2020, nun espazo arborado da parroquia rianxeira de Asados.   

 

Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral da Emigración tenta achegar á nosa colectividade do exterior os contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico que forman parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, de cara a promocionar a nosa lingua e cultura entre os galegos e galegas do exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas