GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Silleda retoma o programa Anduriña para poboación inmigrante

(19/04/2021)

Silleda retoma o programa Anduriña para poboación inmigrante

 

 

 


Lalín / La Voz 17/04/2021

 

O programa Anduriña regresa a Silleda. O Concello pon en marcha esta iniciativa de alfabetización e integración cultural para a poboación inmigrante a través dos departamentos de Educación e Benestar Social, a cuxo fronte está Ánxela Troitiño.

 

Os luns e mércores impartiranse clases de lingua castelá e os martes e xoves, como novidade, de lingua galega. O horario das sesións será de 10.00 a 12.00 horas. O programa esá destinado a persoas inmigrantes maiores de 18 anos que estean empadroadas no Concello de Silleda. Está previsto que as clases se inicien no mes de maio. O prazo xa está aberto e os interesados poden formalizar as inscricións no centro social de Silleda en horario de 8.00 a 15.00 horas de luns a venres.

 

O programa Anduriña ten como obxectivo xeneral a aprendizaxe da lingua e, apuntan desde o Concello, «a promoción e adquisición de coñecementos sobre a cultura española e galega». Trátase tamén de conseguir que os inmigrantes consigan unhas competencias lingüísticas base en lingua, tanto oral como escrita, o fomento das habilidades sociais, ou dar unha resposta educativa por parte do Concello de Silleda a cada persoa de acordo coas súas necesidades e tendo en conta o seu nivel académico. O Concello de Silleda conta na actualidade con máis de 800 veciños de diferentes países. O que supón un 10 % da poboación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas