GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 550 galegas e galegos do exterior solicitaron as Axudas Económicas Individuais da Secretaría Xeral da Emigración en Arxentina e Uruguai

(19/04/2021)

Case 550 galegas e galegos do exterior solicitaron as Axudas Económicas Individuais da Secretaría Xeral da Emigración en Arxentina e Uruguai

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradece o labor desenvolvido pola Delegación da Xunta en ambos países para chegar a tódolos galegos e galegas que se atopaban nunha situación de vulnerabilidade.

 

En 2020 foron 380 as solicitudes presentadas dende ambos países.

 

Emigración destina 2.750.000 euros a este programa

Emigración destina 2.750.000 euros a este programa

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que case 550 galegas e galegos do exterior solicitaron as axudas económicas individuais que publicou este departamento autonómico a comezos de ano e que teñen como obxectivo axudar ás familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade en Arxentina e Uruguai.

 

O ano pasado o número foi un 45% inferior, chegando ás 380 solicitudes en ambos países, o que se traduce no impacto causado nos últimos meses pola pandemia da covid-19.

 

O secretario xeral da Emigración quixo agradecer expresamente o labor desenvolvido pola Delegación da Xunta en ambos países latinoamericanos para chegar a tódolos galegos e galegas que se atopaban nunha situación de vulnerabilidade, e recordou que precisamente ambos países verán reforzadas as axudas que reciben de xeito habitual dada a situación que está a provocar a nivel económico e social nestes países a pandemia.     

 

Trátase dunha axuda de pago único á que Emigración destina cada ano unha parte importante do seu orzamento. A partida deste ano consolidou o incremento de 150.000€ do ano 2020 respecto aos anos anteriores ata alcanzar os 2.750.000 euros. O obxectivo destas axudas é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de milleiros de familias galegas do exterior que se encontran nunha situación económica precaria, especialmente no actual contexto de pandemia. 

 

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e estivo dirixido ás e aos emigrantes de orixe galega, e a determinadas e determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.

 

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poden ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

 

A convocatoria abrangue sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.  

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas