GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Congreso aproba a subcomisión para o estudo da reforma do voto dos españois no exterior

(16/04/2021)

O Congreso aproba a subcomisión para o estudo da reforma do voto dos españois no exterior


Crónicas da Emigración

E. C., Vigo | 15 de abril de 2021


Foto votación copia

Panel de votación da creación da subcomisión.


O Pleno do Congreso aprobou, con 330 votos a favor, ningún en contra e 9 abstencións, a creación dunha subcomisión que estude a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) para a reforma do voto dos españois que residen no exterior.

Esta subcomisión, que foi impulsada polo PSOE e Unidas Podemos, retomará os traballos que se iniciaron fai dúas lexislaturas e que foron interrompidos pola convocatoria de eleccións. O prazo para levar a cabo este estudo é de seis meses desde a súa constitución e o informe que elabore será sometido á aprobación da Comisión Constitucional.

Na orde do día do pleno tamén estaba previsto o debate da totalidade da Proposta de Lei Orgánica para a reforma do voto exterior, pero a Xunta de Portavoces excluíu este punto do Pleno de hoxe e previsiblemente debaterase no Pleno do próximo xoves.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas