GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración e a Asociación Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia firman un acordo de colaboración para facilitar a inserción persoal e profesional das e dos bolseiros BEME

(16/04/2021)

Emigración e a Asociación Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia firman un acordo de colaboración para facilitar a inserción persoal e profesional das e dos bolseiros BEME

Este acordo permitirá establecer accións de colaboración co obxectivo de difundir, acompañar, informar e formar aos galegos e galegas do exterior que acceden a unha bolsa para estudar un mestrado nunha das tres universidades galegas.

 

A Secretaría Xeral destinará a este fin 25.000 euros.

 

Imaxe da sinatura deste mediodía na sede da SXE en Santiago de Compostela

Imaxe da sinatura deste mediodía na sede da SXE en Santiago de Compostela

 

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda firmou esta mañá, na sede da Secretaría Xeral, un acordo de colaboración coa presidenta da Asociación de Jóvenes Emigrantes de Galicia, María Belén Rosbier Gómez, co obxectivo de poñer en marcha accións para favorecer o retorno e a integración dos galegos e galegas do exterior que acceden a unha bolsa de excelencia BEME co obxectivo de estudar un mestrado nunha das tres universidades galegas.   

 

A Secretaría Xeral da Emigración destinará a este fin 25.000 euros que facilitará a posta en marcha de accións de colaboración entre ambas entidades co obxectivo de difundir, acompañar, informar e formar ás persoas galegas que residan no exterior, así como ás que retornen á comunidade autónoma.

 

Deste xeito, a Asociación levará a cabo actividades informativas e formativas que favorecerán a inserción social e laboral das persoas emigrantes retornadas a Galicia como bolseiras e bolseiros do programa BEME, a través de xornadas e diferentes eventos, tamén realizarán o apadriñamento das alumnas e alumnos das bolsas de mestrado que permitirá poñer en contacto a antigas e antigos bolseiros cos novos, favorecendo a integración académica e social nas universidades galegas. 

 

“Non podemos esquecer que esta asociación axudará a apoiar e facilitar a inserción persoal e profesional de case 800 persoas, entre as 600 que xa chegaron nos pasados anos tanto a facer este tipo de formación, como as 200 que serán beneficiadas con estas bolsas para o próximo curso 2021/22”, explicou Rodríguez Miranda.

 

A Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia foi constituída no ano 2019 por bolseiras de primeira convocatoria destas bolsas, e entre os seus fins tamén se atopan organizar actividades culturais e sociais para mozos e mozas, así como difundir e promocionar actividades en Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas