GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A sexta edición do programa Principia incentiva a contratación de máis de 100 mozas e mozos para desenvolver proxectos de investigacion e innovacion en empresas e centros de coñecemento

(13/04/2021)

A sexta edición do programa Principia incentiva a contratación de máis de 100 mozas e mozos para desenvolver proxectos de investigacion e innovacion en empresas e centros de coñecemento

Este programa, xunto ao de Talento Senior, tamén desenvolvido pola Axencia Galega de Innovación, forma parte da Estratexia Galicia Retorna.

 

O Programa Principia contempla axudas de 10.000€ por contrato, que se poden completar cun bono de formación por un importe de 1000 euros adicionais.

 

O programa incentiva, ademais, a contratación de mulleres e persoas con diversidade funcional.

 

Nas cinco convocatorias anteriores realizáronse ao abeiro deste programa 542 contratos de profesionais de ata 35 anos que se integraron en 282 entidades beneficiarias, maioritariamente empresas. 

 

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nun webinario sobre esta iniciativa que pretende atraer, incorporar e reter o talento de profesionais

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nun webinario sobre esta iniciativa que pretende atraer, incorporar e reter o talento de profesionais

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021.

 

A Axencia Galega de Innovación (Gain) acaba de presentar a sexta edición do programa Principia a empresas e organismos de investigación interesados na contratación de profesionais mozos con perfís orientados á realización de actividades de I+D+i, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente cualificado. Con estas axudas, preténdese incorporar a máis de 100 mozos e mozas en empresas e organismos públicos de investigación, a fin de atraer e reter talento no ecosistema galego.

 

Tanto este programa como o de Talento Sénior, tamén promovido pola Axencia Galega de Innovación, forman parte da Estratexia Galicia Retorna.

 

O programa impulsado desde a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, cuxo prazo de solicitude remata o vindeiro xoves, 15 de abril, contempla axudas por importe de 10.000€ por contrato que se poden complementar cun bono de formación de 1000€ adicionais. Cun orzamento total executado de preto de 4,5M€ e un total mobilizado de máis de 13M€, ao longo das cinco edicións anteriores realizáronse 542 contratos de calidade a persoas de ata 35 anos que se integraron en 282 entidades beneficiarias, o 78,9% delas empresas. De todos eles, 318 (58,67%) foron contratos indefinidos desde o inicio.

 

Segundo apuntou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, “este programa responde á vontade do Goberno galego de incentivar o emprego de calidade no eido da innovación, favorecendo a incorporación de persoas cualificadas e con capacidade de liderar e desenvolver actividades de I+D+i, que permitan asegurar a sostibilidade e garantir a competitividade do ecosistema galego a longo prazo”. Así mesmo, a directora de Gain salientou que, a través de Principia, se pretende “incentivar a contratación tanto de mulleres como de persoas con diversidade funcional que desexen orientar a súa carreira profesional ao campo da innovación”. 

 

Este programa naceu do convencemento de que as persoas constitúen o principal valor diferencial dunha empresa ou centro de coñecemento que desenvolve actividades de I+D+i. Neste sentido, a consolidación deste proxecto vén reforzar a aposta da Xunta de Galicia de promover e favorecer a captación e mantemento do talento como mecanismo de fortalecemento das capacidades de innovación na nosa comunidade. 

 

Talento Sénior

 

Ademais, cómpre sinalar outras iniciativas desenvolvidas pola Axencia Galega de Innovación, como a convocatoria do programa Talento Sénior, que contempla axudas para a contratación de persoal de alta cualificación e máis de 5 anos de experiencia profesional, por un período mínimo de tres anos, para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación. Isto permitirá, ademais, estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de I+D+i en Galicia. Neste caso, está prevista a realización dun total de 14 contratos de tres anos, aos que se destinará un orzamento de 940.000€. O prazo de presentación de solicitudes para este programa está aberto ata o 5 de xuño.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas