GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta ratifica o seu apoio ás mulleres migrantes e destaca a importancia de poñer á súa disposición recursos específicos e especializados

(12/04/2021)

A Xunta ratifica o seu apoio ás mulleres migrantes e destaca a importancia de poñer á súa disposición recursos específicos e especializados

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza coa asociación Movilidad Humana, con sede en Ferrol e Santiago de Compostela, que traballa para garantir os dereitos das mulleres que se atopan fóra do seu país de orixe por razóns económicas, laborais, sociais ou educativas, entre outras.

 

A Administración autonómica vén apoiando ás mulleres en situación de especial vulnerabilidade a través dunha convocatoria de axudas á que destinou máis de 13 millóns de euros desde 2009, o que permitiu apoiar 682 programas.

 

López Abella ratificou o apoio do Goberno galego ás mulleres migrantes

López Abella ratificou o apoio do Goberno galego ás mulleres migrantes

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021.

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza coa asociación Movilidad Humana, con sede en Ferrol e Santiago de Compostela, na que se lle informou dos programas de axudas autonómicos que a Xunta ten a disposición das mulleres migrantes.

 

López Abella ratificou o apoio do Goberno galego ás mulleres migrantes e puxo en valor o traballo que realiza este colectivo, que acolle a mulleres que se atopan nunha situación de mobilidade humana, fóra dos seus países de orixe por motivos económicos, laborais, educativos, sociais ou políticos ou que buscan unha protección fronte a conflitos armados, catástrofes ambientais, falta de seguridade ou desconfianza nas institucións estatais, entre outras razóns.

 

A secretaria xeral tamén indicou a importancia de poñer a disposición destas mulleres, que se atopan nunha situación de vulnerabilidade, recursos específicos e especializados. Neste senso, a Xunta conta cun programa de axudas destinado a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a posta en marcha de recursos integrais de atención especializada destinados en exclusiva a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, como son as mulleres migrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas. Esta iniciativa conta este ano cun orzamento de 1,4 millóns de euros.

 

O pasado 2020, recibiron esta axuda un total de 74 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. A Administración autonómica leva investidos nesta orde de axudas máis de 13 millóns de euros desde 2009, o que permitiu apoiar un total de 682 programas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas