GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dous emigrantes galegos retornados de Suíza desenvolven un proxecto laboral no marisqueo da ría de Muros e Noia apoiados pola Xunta

(09/04/2021)

Dous emigrantes galegos retornados de Suíza desenvolven un proxecto laboral no marisqueo da ría de Muros e Noia apoiados pola Xunta

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e da alcaldesa de Muros,  visitaron esta mañá a embarcación destes emprendedores que recibiron o ano pasado 14.000 euros a través das axudas de emprendemento.

 

En 2020 beneficiáronse destas achegas un total de 94 novas empresarias e empresarios dos que seis son veciños dalgún concello da comarca do Barbanza.

 

Desde a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e galegos retornados  que crearon proxectos empresariais con axuda de Emigración. 

 

Imaxe da visita desta mañá da conselleira do Mar e o secretario xeral da Emigración a Muros

Imaxe da visita desta mañá da conselleira do Mar e o secretario xeral da Emigración a Muros

 

Muros (A Coruña), 9 de abril de 2021.

 

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazáronse hoxe ata o concello de Muros para coñecer o proxecto empresarial de dous emigrantes galegos retornados de Suíza que puxeron en marcha unha comunidade de bens para dedicarse ao marisqueo na ría de Muros e Noia. 

 

Francisco Javier Figueira Rey e Martín Miguéns Domínguez contaron cada un deles cunha axuda de 7.000 euros da Secretaría Xeral da Emigración a través do programa de Axudas ao Retornado Emprendedor co obxectivo de poñer en marcha esta nova iniciativa que aposta por un dos sectores tradicionais galegos e pola remuda xeracional.  

 

Na visita estiveron tamén presentes a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e o patrón maior de Muros, Daniel Formoso.

 

Alí a conselleira do Mar agradeceu que este tipo de axudas teñan en conta proxectos que se promoven no ámbito marítimo-pesqueiro e puxo en valor a súa importancia de cara a facer a actividade atractiva e favorecer a remuda xeracional no sector. Ademais, engadiu Rosa Quintana, iniciativas coma esta contribúen á competitividade da cadea mar-industria de Galicia. 

 

Pola súa banda, o secretario xeral da Emigración aproveitou a visita para recordar que acaba de abrirse esta nova liña de axudas, que en 2021 conta cun orzamento de 800.000 euros. O pasado ano, beneficiáronse da mesma 94 emprendedoras e emprendedores retornados, moitas e moitos deles residentes nun concello do rural coma Lousame. 

 

Este programa de axudas ao emprendemento dos retornados e retornadas conta este ano cunha liña especial a causa da covid-19, “xa que somos conscientes das dificultades que supón emprender e máis nun tempo tan complexo como o que estamos a vivir coa actual pandemia”.  

 

Deste xeito,  o programa conta con dúas liñas de axuda para persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na nosa comunidade autónoma, unha que promova o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia. O prazo de presentación remata o 30 de setembro.

 

As axudas serán de 5.000 euros no caso da primeira liña (aumentables en 1.000 se a beneficiaria é muller e outros 2.000 se se pon en marcha nun concello rural) e de 3.000 no caso da segunda liña.

 

En 2020 a provincia da Coruña contou con 42 beneficiadas e beneficiados por estas axudas. Na comarca do Barbanza, beneficiáronse seis galegas e galegos retornados: 2 deles en Boiro, outro en Rianxo, outro en Ribeira e os dous propios emprendedores de Lousame que desenvolven a súa actividade na ría de Muros e Noia. 

 

Desde a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e galegos retornados que xa crearon un proxecto empresarial apoiado a través da Secretaría Xeral da Emigración.

 

Esta liña de subvencións ten como fin favorecer o retorno a nosa comunidade autónoma das galegas e galegos residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia. 

 

Trátase dunha das máis de 50 medidas incluídas na Estratexia Galicia Retorna, de carácter transversal e coordinado pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia.

 

  • Audio 1: Declaracións da conselleira do Mar | Descargar
  • Audio 2: Declaracións do secretario xeral da Emigración | Descargar

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas