GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O certame literario “Relatos con Morriña”, organizado polo Centro Lalín, Agolada e Silleda, declarado de interese cultural da Cidade de Bos Aires

(07/04/2021)

O certame literario “Relatos con Morriña”, organizado polo Centro Lalín, Agolada e Silleda, declarado de interese cultural da Cidade de Bos Aires

A Lexislatura Porteña recoñeceu este concurso que ten como obxectivo preservar o acervo cultural e os valores transmitidos pola colectividade galega radicada na Arxentina.

 

Imaxe da entrega do recoñecemento á entidade dezana na capital arxentina

Imaxe da entrega do recoñecemento á entidade dezana na capital arxentina

 

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021.

 

O certame literario “Relatos con Morriña”, organizado polo Centro Lalín, Agolada e Silleda, acaba de ser declarado de Interese Cultural da Cidade de Bos Aires. 

 

A Lexislatura da Cidade de Bos Aires fixo así entrega do diploma ás autoridades de dita institución, nun acto que se realizou no salón Eva Perón do Palacio Lexislativo e que contou coa presenza da deputada autora do proxecto Cecilia Ferrero, do presidente do centro, José Luis Seoane, o vicepresidente, José González Costa, e o directivo do mesmo, Alberto Sánchez Peña, así como dos xurados Ruy Farias e Carlos Rodríguez Brandeiro. 

 

O certame, que se desenvolveu entre os meses de setembro e novembro de 2020, organizado por este centro galego de Bos Aires, ten como finalidade premiar os traballos de prosa e poesía que promovan a preservación do acervo cultural e os valores transmitidos pola colectividade galega que se radicou na Arxentina, mediante a recuperación da memoria e as historias da vida das e dos protagonistas da emigración ou das e dos seus descendentes a un ou outro lado do Atlántico. 

 

Durante o encontro, a deputada Ferrero agradeceu ás autoridades e ao xurado por organizar este “fermoso” certame e animoulles a continuar no futuro con esta idea, pensando en novos camiños de transmitir o vasto patrimonio material e inmaterial que Galicia posúe na cidade de Bos Aires. 

 

“Temos que repensar o futuro da galeguidade enfocándonos en como lograr interesar ás xeracións máis novas sobre a importancia da nosa historia, da dos nosos pais e avós galegos, escoitándoos activamente de forma mancomunada”, engadiu Carlos Rodríguez Brandeiro. No mesmo senso, o resto de participantes resaltaron a importancia do certame e a necesidade de innovar coas novas tecnoloxías para que as e os descendentes dos galegos e galegas coñezan e exploren as súas raíces.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2021
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas