GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas de Cuba a súa colaboración na xestión das máis de 5.800 axudas económicas individuais presentadas

(05/04/2021)

Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas de Cuba a súa colaboración na xestión das máis de 5.800 axudas económicas individuais presentadas

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión telemática con Sergio Toledo Bueno, presidente desta entidade.

 

Tamén agradeceu a labor das e dos 12 coordinadores nas diferentes provincias que permitiu achegar estas axudas aos galegos e galegas de toda a illa.

 

Antonio Rodríguez Mindanda destacou que este ano presentáronse máis de 5.800 solicitudes dende o país caribeño

Antonio Rodríguez Mindanda destacou que este ano presentáronse máis de 5.800 solicitudes dende o país caribeño

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha vídeoconferencia co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo Bueno, co obxectivo de coñecer a situación actual que están a vivir os galegos e galegas que viven neste país caribeño e agradecerlle a súa colaboración na xestión da liña de Axudas Económicas Individuais que acaba de pechar este departamento autonómico.

 

A coordinación da Federación, que se leva a cabo dende o Palacio do Antigo Centro Galego da Habana, estende o seu traballo a toda a illa a través das e dos doce coordinadores que permiten achegar estas axudas a tódolos galegos e galegas en Cuba.  

 

Antonio Rodríguez Mindanda destacou que este ano presentáronse máis de 5.800 solicitudes dende o país caribeño, ás que se deben sumar o resto das que se solicitaron dende outros países americanos.

 

Estas axudas teñen como obxectivo axudar as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade. A partida deste ano consolidou o incremento de 150.000€ do ano 2020 respecto aos anos anteriores ata alcanzar os 2.750.000 euros. O obxectivo é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de milleiros de familias galegas do exterior que se encontran nunha situación económica precaria, especialmente no actual contexto de pandemia. 

 

A convocatoria abrangue sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.  

 

Tamén, durante a videoconferencia, o titular do departamento autonómico analizou co presidente da Federación a actual evolución da pandemia en Cuba e as dificultades que están a vivir as e os emigrantes galegos neste país suramericano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas