GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración informa a máis de 220 universitarias e universitarios galegos do exterior sobre as bolsas de excelencia BEME para cursar mestrados nas tres universidades de Galicia

(05/04/2021)

Emigración informa a máis de 220 universitarias e universitarios galegos do exterior sobre as bolsas de excelencia BEME para cursar mestrados nas tres universidades de Galicia

O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu tres sesións on line para informar ás e aos interesados nestas bolsas de América e Europa. 

 

Na nova convocatoria, que está aberta ata o 30 de abril, aumentase o número de bolsas ata chegar ás 200 de cara a incentivar a que os galegos  e galegas do exterior de alta cualificación fixen a súa residencia e a súa actividade laboral na comunidade autónoma.

 

As bolsas sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, cunhas contías que oscilan entre os 7.000 e os 11.574 euros.

 

Antonio Rodríguez Miranda, durante unha das webinares informativas celebradas esta semana

Antonio Rodríguez Miranda, durante unha das webinares informativas celebradas esta semana

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu as tres sesións telemáticas realizadas para informar ás e aos universitarios galegos de América e Europa sobre a quinta convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME Máster), que este ano contarán con máis prazas dispoñibles e máis dotación económica asignada. 

 

Deste xeito, máis de 220 universitarias e universitarios interesados participaron nestas webinares onde se lles contestou tamén a tódalas súas dubidas en torno á solicitude destas bolsas, que están abertas ata o 30 de abril. 

 

As e os beneficiarios deben ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no Exterior e estar admitida ou admitido na preinscrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. Dende que comezou este programa, en 2017, xa foron 700 as bolsas destinadas a universitarias e universitarios galegos do exterior.

 

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación dun total de 200 tituladas e titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

 

A Xunta traballa así no retorno de currículos brillantes ao tempo que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial, pasando das 150 bolsas do pasado curso ás 200 para o 2021/22, co fin de axudar no regreso de máis mozas e mozos a Galicia polas dificultades que poidan existir no exterior a consecuencia da covid-19.

 

A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aquelas e aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumno ou alumna). 

 

O obxectivo das BEME é non so atraer cada ano galegas e galegos que viven fóra e que completen aquí a súa formación especializada senón que traballen en Galicia e que fixen tamén no territorio galego definitivamente a súa residencia.

 

Neste sentido, todos os beneficiarios e beneficiarias destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende non só captar para Galicia o talento máis brillante de entre os mozos e mozas residentes fóra fomentando o retorno da poboación activa laboral, senón tamén facilitarlles o seu establecemento definitivo na comunidade. A oferta céntrase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas