GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda compromete coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo un acordo de colaboración por 15.000 euros para a atención sociosanitaria a galegas e galegos residentes no Brasil

(01/04/2021)

Miranda compromete coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo un acordo de colaboración por 15.000 euros para a atención sociosanitaria a galegas e galegos residentes no Brasil

 
 

O secretario xeral da Emigración mantivo hoxe unha videoconferencia co presidente esta entidade, Arturo Chao Maceiras.

 

Antonio Rodríguez Miranda e Arturo Chao Maceiras, durante a videoconferencia

Antonio Rodríguez Miranda e Arturo Chao Maceiras, durante a videoconferencia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo nas últimas horas unha reunión por videoconferencia co presidente da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, Arturo Chao Maceiras, a quen se lle trasladou o compromiso dun acordo de colaboración por 15.000 euros para a atención sociosanitaria das galegas e galegos residentes nesta cidade brasileira.

 

Na cidade de São Paulo reside unha importante colonia de persoas de orixe galega, case 43.000 persoas nadas na comunidade autónoma ou descendente de galegas e galegos. De feito, Brasil é o segundo país, tras Arxentina, con maior número de cidadás e cidadáns galegos residentes na actualidade.

 

Durante o encontro dixital, analizouse tamén a situación actual da institución. Neste senso, Arturo Chao, informoulle a Rodríguez Miranda de que a entidade tivo que cambiar a forma de realizar as actividades de atención aos usuarios e usuarias ante a situación da covid-19. Deste xeito, tívose que realizar esta atención no caso dalgunhas e dalgúns usuarios directamente no fogar e realizar as terapias ocupacionais de xeito telemático. A maiores, tamén informou o presidente da Sociedade de que todas e todos os usuarios da mesma, case uns 60, foron xa vacinados da primeira dose, tendo a segunda xa o 30% das e dos mesmos.   

 

A Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro de São Paulo é unha entidade sen ánimo de lucro, que posúe un centro de asistencia social inaugurado en febreiro de 1983, co obxectivo de promover o apoio socio asistencial da persoa adulta maior a través da súa integración con carácter de servizos preventivos, de saúde e asistencial.  

 

Esta entidade asumiu como unha das súas actividades primordiais a prestación de atención social á colectividade de emigrantes galegas e galegos e as e os seus descendentes residentes en São Paulo e municipios limítrofes.  

 

A Secretaría Xeral da Emigración leva anos colaborando con este fogar, xa que considera necesario contribuír á prestación de asistencia á colectividade galega residente en Brasil e que estean a pasar dificultades vitais, “especialmente no caso dos máis maiores, un colectivo xa de por si vulnerable e que nesta pandemia está a ser o máis afectado”, explicou Rodríguez Miranda. 

 

“O noso interese radica na pretensión de mellorar a súa saúde, o seu benestar social e a súa calidade de vida. Somos conscientes da necesidade que presentan a maiores este tipo de institucións pola situación vivida polo virus da covid-19 obriga a este tipo de entidades a levar a cabo diferentes accións de prevención, o que supuxo, evidentemente, un importante desembolso en adquisición de material”, engadiu o secretario xeral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas