GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración colabora con FEVEGA con 50.000 euros para o mantemento das súas oficinas de información ás e aos emigrantes retornados

(30/03/2021)

Emigración colabora con FEVEGA con 50.000 euros para o mantemento das súas oficinas de información ás e aos emigrantes retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, estivo xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente de FEVEGA, Manuel Pérez Vidal, durante a firma do convenio. 

 

Segundo os últimos datos publicados polo INE, as e os emigrantes procedentes de Venezuela continúan ocupando o primeiro lugar en canto a cidadás e cidadáns retornados a Galicia.

 

A Federación Venezolana de Galicia realizou, a maiores, unha recollida de medicamentos que destina aos galegos e galegas  do país suramericano, acción solidaria na que colabora a Xunta e que complementa a acción directa de axuda da administración autonómica en Venezuela.  

 

O secretario xeral da Emigración, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo e o presidente de FEVEGA, esta mañá na cidade olívica

O secretario xeral da Emigración, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo e o presidente de FEVEGA, esta mañá na cidade olívica

 

 
Listen to this page using ReadSpeaker
 

Vigo , 29 de marzo de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou hoxe o convenio anual coa Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) a través do cal a Xunta destina 50.000 euros para o mantemento das súas oficinas de información e asesoramento a galegas e galegos retornados.


 
Durante este acto, o secretario xeral estivo xunto á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente de FEVEGA, Manuel Pérez Vidal.

 

A colaboración con esta entidade posibilita a información a retornadas e retornados así como a execución de actividades formativas de acollida, completando a acción das oficinas de asesoramento e seguimento da propia Secretaría Xeral da Emigración en Vigo, Lugo, Coruña, Santiago e Ourense, e unha oficina itinerante que visita os distintos concellos de Galicia. 

 

A Federación Venezolana de Galicia é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar aos seus asociados e asociadas nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención ás e aos emigrantes retornados no seu proceso de integración social, laboral e cultural en Galicia. 

 

Segundo os últimos datos publicados polo INE, as e os emigrantes procedentes de Venezuela continúan ocupando o primeiro lugar en cuanto a retornados a Galicia.

 

A través deste convenio, FEVEGA comprométese a informar, asesorar e ofrecer un servizo integral e completo ás e aos emigrantes retornados, prestar orientación e asesoramento xurídico se o necesitan, apoialos no cumprimento dos trámites necesarios nas súas relacións coas administración públicas, proporcionarlles apoio e acompañamento e facilitarlles toda a información que lles sexa requirida pola Comunidade Autónoma. Ademais, tamén deben ofrecer un servizo de información itinerante por toda Galicia. 

 

Envío de medicamentos

 

Por outra banda, o secretario xeral tamén destacou o envío de medicamentos a Venezuela dende esta asociación, que realiza unha campaña de recollida ao longo do ano para axudar a poboación galega nese país americano, moi afectado por unha delicada situación económica á que se suma a grave situación da pandemia.  

 

Nesta iniciativa, canalizada a través de FEVEGA, colaboran varias entidades colaboradoras como son a Asociación Socio Cultural Deportiva “Amigos de Venezuela en Vigo”, a Asociación de Venezolanos do Deza, a Asociación Ourensana Venezolana “Alma Llanera”, a Asociación Socio Cultural de Venezolanos de Santiago (AVESANTI) e a Hermandad Venezolana das Rías Baixas. En Venezuela, o envío é distribuído pola Hermandad Gallega de Venezuela coa colaboración do Centro Gallego de Maracaibo, o de Puerto La Cruz e da Hermandad Gallega de Valencia.   

 

Ademais de medicamentos, o envío tamén contou con outros produtos de tipo sanitario moi necesarios e de difícil acceso en Venezuela como é o material ortopédico, ou cueiros para persoas dependentes.

 

O secretario xeral aproveitou a visita tamén para facer balance da colaboración con FEVEGA durante o ano 2020, que aínda que foi complicada pola pandemia, posibilitou desenvolver actividades de información a persoas retornadas desde as oficinas que ten a Federación en distintos puntos de Galicia e tamén a realización de accións formativas que facilitan a acollida dos retornados e retornadas e as súas familias, aproveitando os soportes telemáticos para seguir chegando ás e aos retornados, a pesar das restricións derivadas da pandemia.  

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas