GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSOE ourensán constata que soben as consultas dos retornados

(29/03/2021)

O PSOE ourensán constata que soben as consultas dos retornados

 

Durante o 2020 a secretaría provincial de emigración do partido socialista mantivo o servizo de información e asesoramento para o colectivo emigrante

 

 


a voz 28/03/2021

 

Durante o ano 2020 a secretaría provincial de emigración do PSOE, a pesar das restricións provocadas pola pandemia, conseguiu manter o servizo de información e asesoramento para o colectivo de emigrantes retornados. «O aumento de consultas por teléfono e correo electrónico de diversos puntos de dentro e fóra de España», destaca o socialista Luis Gulín, foi un dos principais fitos que se recolle na memoria de actividades. Ao longo do 2020, e segundo ese informe, a petición máis demandada foi o envío de modelos en alemán para solicitar á Seguridade Social dese país un certificado de ingresos de pensións coas súas respectivas retencións para o seguro médico e seguro de dependencia.

 

Desde a secretaría resaltan que a decenas de retornados procedentes de Alemaña «conseguíuselles tramitar a exención do pago do 5 % do IRPF sobre a súa pensión xermana ao estar por baixo do limiar dos 9.400 euros anuais de ingresos». Prestouse tamén apoio técnico a decenas de retornados en como tramitar a exención fiscal ante a Axencia Tributaria respecto das pensións de invalidez ou incapacidade estranxeiras. Outra das implicacións deste servizo, explica o seu responsable, Luís Gulín. foi a alertar ás autoridades pertinentes sobre falta de pagamentos e atrasos das pensións complementarias dos fondos de empresas que afectan a centenares de retornados.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas