GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Os nacementos baixarían moito máis se non chega ser polas mulleres inmigrantes»

(29/03/2021)

 
 


Monforte / La Voz 29/03/2021

 

 

Ana Casal é a xefa do servizo de xinecoloxía do Hospital Público de Monforte. É no que máis medrou o número de nacementos no 2020, pero ela pensa que se trata dunha mellora demasiado feble como para pensar nun cambio de tendencia.

 

-Houbo efecto confinamento nas áreas de maternidade dos hospitais?

 

-Para nada.

 

-Nin para ben nin para mal?

 

Eu diría que non. No caso que eu coñezo directamente, o do hospital de Monforte, os cambios que puidese haber nas cifras do ano pasado con respecto ao 2019 son pequenos, eu diría que casuais. E polo que estamos vendo neste primeiro trimestre do 2021 tampouco vai haber cambios importantes. É habitual que haxa variacións pequenas, que de repente un mes haxa máis partos do habitual e outros menos. En todo caso, nada que cambie a tendencia,

-A tendencia dominante segue sendo que cada vez nacen menos nenos?

 

-En xeral, si. E non é só un problema dos hospitais pequenos, nin é algo recente, senón que vén de hai moito tempo. Cando eu comecei a residencia no hospital pública da Coruña tiña unha media de 23 ou 24 partos por garda e cando rematei xa andabamos pola metade.

 

-No hospital de Monforte a media de nacementos hai dez anos andaba polos 240. O ano pasado foron un 30% menos.

-E afortunadamente temos a inmigración. Sen inmigración sería moito peor. Os nacementos baixarían moito máis se non chega ser polas mulleres inmigrantes. Hai momentos nos que te das conta de que na planta de maternidade non tes ningunha nai nacida en Galicia. Tes mulleres procedentes de Sudamérica, Marrocos, Romanía, Asia... pero galega ningunha.

 

-Cando a Xunta pechou o paritorio de Verín falouse de que con menos de 600 partos anuais é cuestionable a necesidade de soster un servizo así.

 

-Hai servizos básicos que un hospital comarcal debe ter, e un deles é o servizo de partos. Ninguén pide unha unidade de transplantes para un hospital pequeno, ou que se sosteña un paritorio nun sitio no que nace un bebé ao mes, pero un servizo de partos é algo básico.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2021
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas