GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración coñece no concello de Boqueixón un proxecto empresarial en plataforma dixital dun galego retornado apoiado pola Xunta

(27/03/2021)

Emigración coñece no concello de Boqueixón un proxecto empresarial en plataforma dixital dun galego retornado apoiado pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá o concello coruñés, acompañado do delegado da Xunta nesta provincia, Gonzalo Trenor, e do alcalde da localidade, Manuel Fernández Munín, recordando que en 2020 beneficiáronse un total de 94 emigrantes retornadas e retornados a través das axudas de emprendemento, sendo 9 deles veciñas e veciños dalgún concello da comarca de Santiago. 

 

Dende a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e galegos retornados  que crearon proxectos empresariais  con axuda de Emigración.

 

A nova liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados publicarase o próximo luns, día 29.

 

Imaxe da visita desta mañá a Boqueixón

Imaxe da visita desta mañá a Boqueixón

 

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazouse hoxe ata o concello de Boqueixón, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e do alcalde da localidade, Manuel Fernández Munín, para coñecer o proxecto empresarial dun mozo retornado do Reino Unido que puxo en marcha un negocio on line, en concreto, un tutorial de carpintería en YouTube. 

 

Manuel Sangiao contou cunha axuda de 7.000 euros deste departamento autonómico a través do programa de Axudas ao Retornado Emprendedor. O seu proxecto pode seguirse a través do enlace. Baixo o nome “Lápiz de Carpintero”: https://www.youtube.com/channel/UCvxiBSe3I_5sshhzoi_qWLg, onde dun xeito ameno, forma aos seus seguidores e seguidoras en temas de carpintería e bricolaxe. 

 

Miranda aproveitou a visita para recordar que a nova liña de axudas, que permitiu que 94 emprendedoras e emprendedores retornados, moitos deles residentes nun concello do rural coma Boqueixón, se beneficiaran dun apoio económico en 2020, publicarase o próximo luns, día 29, cun orzamento de 800.000 euros. 

 

En 2020 a provincia da Coruña contou con 42 beneficiadas e beneficiados por estas axudas. Na comarca de Santiago, beneficiáronse 9  galegas e galegos retornados: 6 na cidade do Apóstolo, 1 en Ames, outro en Teo e outro en Boqueixón.

 

Dende a posta en marcha deste programa, foron case 300 as galegas e galegos retornados que xa crearon un proxecto empresarial apoiado a través da Secretaría Xeral da Emigración.

 

Esta iniciativa autonómica permite ás e aos galegos que regresan á súa terra de orixe, xa fosen nacidas ou nacidos na Galicia territorial ou nos seus países de destino, sufragar gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio con ata 8.000 euros de subvención. 

 

Trátase dunha liña de subvencións que ten como fin favorecer o retorno a nosa comunidade autónoma das e dos galegos residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

 

Trátase dunha das máis de 50 medidas incluídas na Estratexia Galicia Retorna, de carácter transversal e coordinado pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia e cun investimento de máis de 235 millóns de euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas