GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Xacobeo para as e os máis cativos centra os contidos desta semana do espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 de Emigración, #aCulturaSegue

(23/03/2021)

O Xacobeo para as e os máis cativos centra os contidos desta semana do espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 de Emigración, #aCulturaSegue

Os contidos desta semana están centrados na historia do Xacobeo para as e os máis cativos, na recuperación dun traballo artesanal como é o liño e na compañía de teatro Viravolta Títeres.

 

Pódense visionar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, Ciencia e historia galegas, Música e Artes escénicas.

 

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 é un proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 é un proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración segue a difundir, a través da súa plataforma web (GaliciaAberta – https://emigracion.xunta.gal), os contidos audiovisuais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, co obxectivo de que os galegos e galegas do exterior poidan desfrutar destes contidos musicais, culturais e cinematográficos que lles acerquen máis a Galicia, baixo o nome de #aCulturaSegue.

 

Nesta ocasión, destacamos Xacobeo Miudiño de Seispés Producións Creativas, un proxecto audiovisual destinado a público infantil (concretamente a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) ten como eixo vertebrador o Ano Xacobeo e o Camiño de Santiago. As tres pezas audiovisuais que conforman Xacobeo Miudiño -Descúbreo, Camíñao e Víveo- mesturan imaxe real con animación e contan cunha voz en off que fía o relato, contando como xurdiu o fenómeno das peregrinacións e como evolucionou ata os nosos días. 

 

No capítulo de Ciencia e historia galega pódese gozar coa historia do Proceso do liño na Casa do Patrón da Asociación Etnográfica de Codeseda, un documental que recrea o proceso do liño, dende o mazado ao espadelado e o restrelado, xunto ao fiado e o tecido do fío. Para dar a coñecer este traballo artesanal, gravouse a xornada demostrativa celebrada no Museo Casa do Patrón o 26 de setembro de 2020, en Lalín.  

 

Finalmente, no eido das Artes escénicas, xa é posible contemplar a xénese do proxecto Cómicos da Legua, que a compañía Viravolta Títeres creou para representar nos camiños de Santiago. Mentres, no apartado de Música continuamos co terceiro vídeo de Triloxía Meiga

 

Neste apartado, a Secretaría Xeral da Emigración tenta achegar á nosa colectividade do exterior os contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico que forman parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, de cara a promocionar a nosa lingua e cultura entre os galegos e as galegas do exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas