GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración na Costa da Morte baixa por primeira vez en doce anos

(22/03/2021)

A emigración na Costa da Morte baixa por primeira vez en doce anos

 

O descenso fronte ao ano pasado é simbólico, pouco máis de 60 pesonas, pero marca un cambio de tendencia

 

Imagen reciente de una obra en Basilea, donde trabajan numerosos emigrantes de la Costa da Morte

Imaxe recente dunha obra en Basilea, onde traballan numerosos emigrantes da Costa da Morte

 


carballo / a voz 21/03/2021

 

Os residentes no estranxeiro orixinarios de Bergantiños , Soneira e Fisterra, ademais de Cerceda , son 38.141. Esta cifra inclúe as persoas de primeira xeración e os descendentes, e esta última característica é especialmente relevante nos países suramericanos. E tamén se conta, sempre que estean censados, todos os que nos últimos tempos han ir emigrando aos países europeos, desde a clásica Suíza ata Reino Unido.

 

Pero o que ten de particular esta cantidade é que, por primeira vez en doce anos, o total descende con respecto ao ano anterior. Moi pouco, só 67 persoas, pero marca un punto de inflexión nunha tendencia moi marcada de crecemento que se anulou.

 

No 2010, por exemplo, no exterior estaba empadroadas 30.444 persoas. Pero do 2019 ao 2020, hai xusto un ano, o crecemento foi só de pouco máis dun centenar, así que xa daba unha idea de que a tendencia se freaba, como así foi.

 

A marca dos doce anos de referencia non é caprichosa: foi no 2009 cando se publicou, por primeira vez a cargo do Instituto Nacional de Estatística, o padrón de residentes no exterior (PERE). Por raro que pareza, non había un censo anual exhaustivo por municipios da emigración. Así que seguramente esa tendencia ten moitos máis anos que a ducia oficial.

 

Carballo, acorde á súa poboación total, é quen máis censados ten no estranxeiro, máis de seis mil, pero son moitos máis relevantes, en proporción, os 4.529 de Vimianzo ou os 2.726 de Fisterra . Tamén os 2.593 de Muxía . Ambos os municipios, con forte tradición migratoria, son os que sumaron máis emigrantes este pasado ano, dúas decenas en ambos os casos.

Municipio           2021 - 2020

 

Cabana          1.845 - 1.842

 

Camariñas     2.315 - 2.331

 

Carballo         6.057 - 6.066

 

Cee                 1.797 - 1.807

 

Cerceda         1.850 - 1.847

 

Corcubión      501 - 502

 

Coristanco     2.157 - 2.189

 

Dumbría         1.269 - 1.278

 

Fisterra          2.726 - 2.705

 

A Laracha      2.475 - 2.491

 

Laxe               1.845 - 1.853

 

Malpica          1.702 - 1.727

 

Muxía             2.593  - 2.573

 

Ponteceso     2.154 - 2.156

 

Vimianzo       4.529 - 4.524

 

Zas                2.326 - 2.317

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas