GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O próximo luns, 22 de marzo, remata o prazo de solicitude das axudas económicas para os galegos e galegas do exterior

(18/03/2021)

O próximo luns, 22 de marzo, remata o prazo de solicitude das axudas económicas para os galegos e galegas do exterior

A Secretaría Xeral da Emigración destinará a esta liña máis de 2,7 millóns de euros.

 

Este vindeiro luns, 22 de marzo, remata o prazo de solicitude

Este vindeiro luns, 22 de marzo, remata o prazo de solicitude

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe que o próximo luns, 22 de marzo, remata o prazo para solicitar as axudas económicas individuais deste departamento, que teñen como obxectivo axudar as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade. 

 

A partida deste ano consolida o incremento de 150.000€ do ano 2020 respecto aos anos anteriores ata alcanzar os 2.750.000 euros. O obxectivo é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de milleiros de familias galegas do exterior que se encontran nunha situación económica precaria, especialmente no actual contexto de pandemia. 

 

Trátase dunha axuda de pago único á que Emigración destina cada ano unha parte importante do seu orzamento. Destacar que este ano, os galegos e galegas residentes en Arxentina, Brasil e Uruguai verán reforzadas as axudas que reciben de xeito habitual dada a situación que está a provocar a nivel económico e social nestes países a pandemia.     

 

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e está dirixida ás e aos emigrantes de orixe galega, e a determinadas e determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.


 
O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

 

A convocatoria abrangue sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.  

 

Para maior información, as e os interesados poden dirixirse ao seguinte enlace: picar aquí 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas