GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destinou aos galegos e galegas de Venezuela máis de 2,7M€ en 2020, beneficiando a máis de 4.000 familias

(17/03/2021)

Emigración destinou aos galegos e galegas de Venezuela máis de 2,7M€ en 2020, beneficiando a máis de 4.000 familias

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, analizou estas axudas coas entidades do país suramericano coas que mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia.

 

Grazas a estes apoios económicos beneficiáronse tanto entidades e particulares no propio país, así como as e os venezolanos retornados a Galicia. 

 

Imaxe da videoconferencia desta mañá

Imaxe da videoconferencia desta mañá

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia cos representantes das entidades galegas en Venezuela para analizar a situación que atravesan nestes intres, así como analizar o impacto que tiveron as axudas procedentes deste departamento durante o ano pasado e valorar as accións a realizar durante o presente 2021.

 

Na reunión, ademais dos representantes estas entidades, tamén participou o presidente da FECEVE (Federación de Centros Españoles de Venezuela), Roberto González, dado que esta entidade realiza un relevante papel na atención ás cidadás e aos cidadáns españois deste país, pois coordina a xestión dun seguro de atención médica que permite o acceso en condicións económicas máis favorables.

 

Durante a reunión destacou os máis de 2,7 millóns de euros destinados en 2020, a través das distintas ordes de axudas deste departamento, aos galegos e galegas de Venezuela, tanto a entidades como a persoas individuais, así como ás e aos emigrantes retornados deste país en Galicia, véndose en total beneficiadas máis de 4.000 familias.

 

Segundo destacou o secretario xeral, a Xunta colabora coas entidades galegas onde existe unha oficina de atención social, o que permite á administración autonómica desenvolver neste país tódolos programas de contido social no que se atende aos galegos e galegas. O 90% das e dos galegos en Venezuela están, deste xeito, asociados a algunha destas entidades, “aínda que as nosas axudas chegan a todos os galegos que o solicitan, sexan ou non membros destas entidades”.

 

Neste senso, Miranda agradeceu a colaboración da Hermandad Gallega de Venezuela, do Centro Gallego de Maracaibo, da Hermandad Gallega de Valencia e do Centro Gallego de Puerto La Cruz, “xa que sen eles sería difícil poder chegar a toda esta colectividade, apoialos e acompañalos”.

 

Por outra banda, a administración autonómica tamén colabora de xeito directo coas entidades de Venezuela que traballan exclusivamente no ámbito social, como é o caso da Fundación España e a Fundación Fillos de Ourense.

 

Grazas ás axudas económicas individuais e de emerxencia social, neste país beneficiáronse un total de 1.500 familias directamente. Estes dous programas son dos que maior relevancia teñen para as galegas e galegos de Venezuela, xa que permiten paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de quen se atopa nunha situación económica precaria.

 

Por outra banda, outro dos programas máis importantes co que conta a Secretaría Xeral da Emigración para con Venezuela é o de axuda para medicamentos, que permite que maiores e enfermos crónicos galegos e galegas neste país poidan contar con estas dotacións sanitarias. En 2020, foron 1.300 os medicamentos repartidos con este fin.

 

Axudas ao retorno

 

A tódolos apoios anteriores deben sumarse tamén os programas de apoio ás galegas e galegos de Venezuela retornados a Galicia.

 

Así,  cabe destacar os 21 bolseiros e bolseiras BEME, que están a realizar nestes intres un mestrado nunha das tres universidades galegas, e que veñen a sumarse a un total de 105 alumnas e alumnos galegos de Venezuela que cursaron una formación superior grazas a estas bolsas desde o inicio das mesmas en 2017. Estas bolsas de excelencia teñen como obxectivo sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos como a estadía, o mantemento e a viaxe dos posibles beneficiarios e beneficiarias.  

 

Ademais, tamén víronse beneficiadas e beneficiados en 2020 cunha axuda económica  un total de 23 emprendedoras e emprendedores retornados dende ese país, máis de 100 nos últimos anos, co obxectivo de poñer en marcha novos negocios en sectores como o da hostalería, as novas tecnoloxías ou a alimentación. 

 

Finalmente, beneficiáronse 600 familias coas axudas extraordinarias para persoas emigrantes retornadas que teñen coma obxectivo apoiar a quen volve a Galicia nos gastos sobrevidos do seu retorno, especialmente no momento da chegada, que é cando máis dificultades atopan as familias. Todas e todos eles contan co apoio directo e a colaboración individualizada das oficinas de Retorno que se atopan en Lugo, Vigo, Santiago, Ourense e A Coruña. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas