GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración renova o seu espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con novos contidos audiovisuais

(16/03/2021)

Emigración renova o seu espazo dedicado ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 con novos contidos audiovisuais

Os contidos desta semana están centrados na aprendizaxe da lingua das e dos máis cativos, así como nas fontes que se poden coñecer a través do Camiño Francés e a historia da terra dos druídas.

 

Pódense contemplar na páxina de GaliciaAberta a través de catro contedores: Xacobeo, ciencia e historia galega, música e artes escénicas.

 

"Brincadeiras da lingua", de Migallas Teatro

"Brincadeiras da lingua", de Migallas Teatro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración segue a difundir, a través da súa plataforma web (GaliciaAberta – https://emigracion.xunta.gal), os contidos audiovisuais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, co obxectivo de que as galegas e os galegos do exterior poidan desfrutar destes contidos musicais, culturais e cinematográficos que lles acerquen máis a Galicia.

 

Nesta ocasión, destacamos Brincadeiras da lingua de Migallas Teatro, unha serie de divertidos programas audiovisuais (ata dez que se irán colgando semana a semana) que teñen como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen en galego e que acompañan desde fai séculos ás brincadeiras da cativada e máis á transmisión familiar da lingua. 

 

No capítulo de Ciencia e historia galega pódese gozar coa historia de Augas Santas, a terra dos druídas, de Francisco Javier Zabaleta Estévez, un documental que pon en valor a historia e máis a riqueza paisaxística, arqueolóxica, etnográfica e turística de Santa Mariña de Augas Santas en Allariz, Ourense. Este enclave conta cun patrimonio excepcional que inclúe un castro prerromano, un poboado castrexo e unha mansión romana. 

 

Finalmente, no eido do Xacobeo, xa é posible contemplar a historia da A peregrinaxe da auga, un filme documental sobre as fontes do Camiño Francés, mentres en Música continuamos co segundo vídeo de Triloxía Meiga

 

Neste apartado, a Secretaría Xeral da Emigración tenta achegar á nosa colectividade do exterior os contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico que forman parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, de cara a promocionar a nosa lingua e cultura entre os galegos e as galegas do exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas