GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España reclama á UE unha colaboración efectiva cos países africanos para previr a inmigración irregular

(16/03/2021)

España reclama á UE unha colaboración efectiva cos países africanos para previr a inmigración irregular


Luns 15 de marzo de 2021

 

Fernando Grande Marlaska y Arancha González Laya durante la videoconferencia

Fernando Grande Marlaska e Arancha González Laya durante a videoconferencia


O ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, e a ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Arancha González Laya, reclamaron á Unión Europea que se reforce a dimensión exterior da política migratoria, cunha cooperación efectiva cos países de orixe e tránsito, ao entender que é a fórmula máis efectiva para previr a inmigración irregular.

Grande- Marlaska e González Laya participaron este luns no Consello de ministros de Asuntos Exteriores e de Interior da UE, que de maneira telemática debateu sobre o fenómeno da migración con especial atención ás negociacións sobre o futuro Pacto de Migración e Asilo. Neste sentido, España felicitouse pola sintonía xeral sobre a necesidade de que as relacións cos países de orixe e tránsito da migración sexan integrais, construtivas e baseadas nun enfoque que responda os intereses comúns dos socios e da UE.

"A nosa experiencia como país de primeira liña é que a única vía para unha política migratoria de éxito é investir a longo prazo nas relacións cos países de orixe e tránsito, e construír relacións integrais baseadas na confianza mutua", asegurou González Laya.

Pola súa banda, Grande- Marlaska sinalou que a prioridade para España é a prevención da inmigración en orixe, e que para iso é esencial construír "un diálogo permanente" e traballar de xeito conxunto "cos nosos socios", en referencia aos países africanos. O ministro destacou que sería conveniente un "financiamento UE para proxectos de reforzo operativo das capacidades das forzas de seguridade dos países de orixe e tránsito de fluxos migratorios".

En base a estes parámetros, España presentou a proposta da iniciativa Team Europe no ámbito de migracións, coa que se pretende axuntar os esforzos da Comisión e os Estados membros para realizar proxectos de cooperación e apoio operativo nos países prioritarios dos roteiros migratorios. "O obxectivo principal da iniciativa é reducir os fluxos de migración irregular dos países prioritarios desas rexións cara a Europa a través da prevención en orixe e cun enfoque de roteiro migratorio", explicou a ministra.

Neste sentido, os ministros indicaron a oportunidade de utilizar o Instrumento de Veciñanza, Desenvolvemento e Cooperación Internacional (NDICI), cuxa utilización neste ámbito conta xa cunha proposta realizada polo Goberno de España que podería remplazar ao extinto Fondo Fiduciario de Emerxencia para África.

Este mecanismo que permitiu o lanzamento de "proxectos de éxito" de cooperación cos países africanos como os equipos conxuntos de investigación que a Policía Nacional leva a cabo coas forzas policiais de países como Níxer, Mauritania ou Senegal, ou o proxecto de GARSI Sahel, no que participan a Garda Civil, a Xendarmería francesa, os Carabinieri italianos e a Garda Nacional Republicana portuguesa.

"Construír confianza é o único camiño. Este camiño témolo que percorrer xuntos, unidos e coordinados", concluíu o ministro do Interior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas