GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A anulación da corentena obrigatoria reactiva as viaxes por terra e aire entre Galicia e Suíza

(15/03/2021)

A anulación da corentena obrigatoria reactiva as viaxes por terra e aire entre Galicia e Suíza

 

A mobilidade tamén beneficiará a traballadores que levan semanas esperando para incorporarse aos seus novos empregos na construcción

 

 


CARBALLO / LA VOZ 14/03/2021

 

 

Suíza levantou o xoves a corentena de dez días aos viaxeiros procedentes de España, en vigor desde o 20 de xaneiro. Non é a primeira vez: a finais de outubro tamén eliminou outra en vigor desde finais do verán, que trastornou os plans vacacionais de centos de emigrantes galegos, especialmente da Costa da Morte, que se viron obrigados a adiantar o seu regreso a finais de agosto para non ter que estar semana e media sen saír da casa.

 

Este cambio, que tamén afecta a Portugal e a outros Estados, permite recuperar a mobilidade e os fluxos tan frecuentes durante todo o ano. Tras uns meses con mínimas opcións de viaxar, agora aumenta o abano por terra e aire. Para quen accedan ao país será necesario encher un formulario de entrada, como ata agora en boa parte dos casos (hai excepcións), pero a PCR negativa só se pide para os voos. O que xera máis controversia é que Francia si pide esa PCR para quen atravesan o país, así que os que usan a estrada en principio deberán tela en caso de parada. É un risco: son moitos os testemuños de emigrantes que atravesaron toda Suíza, Francia e España sen que ninguén os parase a pedir documentación ou probas, pero en todos caso o incumprimento se paga con fortes multas.

 

Por estrada regresan as liñas de autobús, por exemplo as de FlixBus, compaña que ten acordos con outras (Socitransa) e que permite contratar tarifas flexibles e baratas en función da demanda. Tras semanas con saídas só desde Verín, coas fronteiras de Portugal pechadas salvo determinados transportes, para o día 30 está previsto retomar ese servizo desde as estacións da Coruña, Santiago ou Vigo. Na web xa era posible reservar onte os traxectos máis longos, por exemplo un A Coruña - Zúric para ese día 30 por 74 euros, cifra que pode cambiar. A viaxe dura 30 horas e media, cun transbordo. Por ser tránsito non se adoita pedir a PCR, pero nalgún caso si podería ocorrer.

 

Os voos tamén van a máis. Basilea e Santiago están conectados agora unha vez á semana, e desde abril, dous. Desde Xenebra, un agora e catro desde abril. Para Zúric (Edelweiss) haberá que esperar ao verán, e talvez en xuño xa recupere Vueling a súa ruta habitual.

 

 

Vía libre ás incorporacións na construcción

 

A mobilidade beneficiará a moitas familias galegas que van e veñen a Suíza de xeito regular, que teñen alí parentes, propiedades ou citas médicas, pero tamén a traballadores que levan semanas esperando pola súa incorporación. Iso ocorre, por exemplo, cos xa seleccionados pola empresa temporera Bautech para traballar en Basilea en varios ámbitos da construción.

 

Finalmente, as entrevistas presenciais aos candidatos escollidos, tras moita espera, poderán celebrarse en Paiosaco a finais deste mes, e as incorporacións serán inmediatas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas