GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Tribunal Económico anula multas a emigrantes retornados por non declarar as súas pensións

(15/03/2021)

O Tribunal Económico anula multas a emigrantes retornados por non declarar as súas pensións


Sostén que a conduta dos recorrentes está máis próxima ao erro involuntario que á culpabilidade que lles imputa a Axencia Tributaria





La Voz de Galicia
Marta Gómez
Ribeira / A Voz 14/03/2021


Aínda que a loita nas rúas do colectivo de emigrantes retornados de Galicia viuse abruptamente interrompida polo covid, non ocorreu o mesmo coas batallas particulares que cada cal libra nos xulgados, onde dous pensionistas acaban de anotarse unha vitoria con senllas resolucións do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (Tearg) que anulan as sancións impostas por non declarar as súas pensións procedentes do estranxeiro. Os beneficiados por estes ditames viron como o tribunal anula sancións por un importe total de 12.201 euros impostas pola Axencia Tributaria. Aínda que os casos dos afectados difiren na súa orixe -un deles é un veciño de Pereiro de Aguiar retornado de Suíza cunha incapacidade laboral do 100 % e a outra unha muller de Vigo que emigrou a Alemaña-, o fondo da cuestión é o mesmo: o tribunal determina que non se considera acreditada a culpabilidade dos contribuíntes ao non declarar as pensións que perciben do estranxeiro, senón que a súa conduta é «máis próxima ao erro involuntario que á neglixencia ou culpabilidade que lle imputa a oficina».

Recolle a resolución, citando xurisprudencia do Tribunal Supremo, que no ámbito sancionador tributario a Administración debe motivar suficientemente a presenza de culpabilidade, algo que non ocorre neste caso. É máis, «debemos ter en conta a conduta do reclamante aceptando inmediatamente o seu erro, e abonando as cantidades resultantes da liquidación».

Alejandro Lago, avogado de Mardo-Gabinete Xurídico, que asesora a moitas plataformas de emigrantes retornados constituídas en Galicia, destaca o feito de que o Tearg recoñece que a actuación dos afectados «nunca foi dolosa nin con ánimo de defraudar; si houbo un descoñecemento da norma tributaria». Engade que, na súa opinión, «ese descoñecemento vén propiciado pola falta de información da Axencia Tributaria cara a este colectivo».

Por outra banda, sinala que hai outra fronte aberta contra Facenda sobre a aplicación da dedución por dobre imposición internacional que se nega aos emigrantes retornados, e que xa se tramitaron varios recursos neste sentido.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas