GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O programa Emega de emprendemento feminino, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna, apoiou 578 proxectos en 5 anos e máis de 1.000 postos de traballo ocupados por mulleres

(14/03/2021)

O programa Emega de emprendemento feminino, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna, apoiou 578 proxectos en 5 anos e máis de 1.000 postos de traballo ocupados por mulleres

O Consello da Xunta informou do balance do Programa de emprendemento feminino Emega ao que se destinaron 7,1 M€ entre 2016 e 2020.

 

O orzamento previsto para este 2021 supera os 3,6 millóns de euros, un 71,4% máis que en 2020, polo que será o máximo investimento da historia do programa.

 

O programa adaptou as bases das convocatorias vixentes para minimizar os efectos da covid-19 entre as emprendedoras e para blindar o emprego feminino.

 

Flexibilizáronse no último ano as obrigas das beneficiarias de permanencia da actividade e do emprego para evitar as consecuencias da pandemia.

 

As emprendedoras Emega contan con apoios á conciliación e de titorización que contribúen a consolidar os seus negocios.

 

Desde o ano 2009 a Xunta apoiou 900 iniciativas empresariais dentro deste programa, coa consolidación de máis de 1.600 postos de mulleres.

 

O programa Emega é unha das preto de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

O programa Emega é unha das preto de sesenta medidas da Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2021.

 

A Xunta investiu entre 2016 e 2020, 7,1 millóns de euros no programa Emega de emprendemento feminino, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna, o que permitiu financiar 578 proxectos empresariais liderados por mulleres e apoiar a consolidación de 1.018 postos de emprego femininos. 

 

O Consello da Xunta informou esta semana do balance do último lustro deste programa de emprendemento, punta de lanza da  promoción da igualdade no eido laboral mediante o apoio ao desenvolvemento da actividade empresarial feminina e outras accións a prol da conciliación laboral e familiar, esenciais para o éxito da iniciativa emprendedora. 

 

Nestes cinco anos, o Goberno galego apoiou 578 iniciativas empresariais, así como a creación de 869 novos postos de traballo ocupados por mulleres e o mantemento doutros 149 xa existentes. Grazas ao programa, deste xeito, o total de empregos de mulleres que recibiron soporte do Emega ascendeu a 1.018.  

 

Emega adaptouse ademais no último ano ao contexto de pandemia, para minimizar os efectos da covid-19 entre as novas emprendedoras e as beneficiarias de edicións anteriores. Neste sentido flexibilizou as esixencias de mantemento da actividade e do emprego para as mulleres empresarias beneficiarias das convocatorias dos anos 18 e 19 -pasando de dous anos a 18 meses- co obxectivo de eximilas de ter que reintegrar as axudas no caso de que a pandemia afectara á viabilidade das súas empresas. 

 

Catro liñas de actuación integran o programa Emega. A liña Emprende que está destinada a posta en marcha de novas empresas; Innova, para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres;  Activa, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais e ITEF, que se centra na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica.

 

O programa conta ademais con axudas complementarias como a liña Concilia, de apoio á conciliación da vida laboral, persoal e familiar; e Dual co que todas as promotoras poden participar desde 2019 nun programa de titorización co obxectivo de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais.  

 

O pasado 2020 o programa contou cun orzamento de 2,1 millóns de euros, o que permitiu apoiar a cifra récord de 197 iniciativas empresariais de mulleres e a creación ou mantemento de 324 postos de traballo femininos. Este 2021, a Xunta ten previsto incrementar aínda máis o presuposto da convocatoria e dotala con 3,6 millóns de euros (+71,4% que en 2020), o que suporá o maior orzamento da historia deste programa.

 

Desde 2009, o Goberno galego leva investidos máis de 11,2 millóns de euros no programa Emega, contribuíndo deste xeito ao financiamento de 900 proxectos empresariais femininos que incidiron na consolidación de 1.601 postos de traballo femininos, 1.416 deles, de nova creación no período. 

 

Con estes apoios a Xunta traballa para minimizar as fendas existentes no mercado laboral e mellorar a ocupación, emprego, salarios e contratos das mulleres e, ao mesmo tempo, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas