GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración analiza, a dez días do remate do prazo de solicitude, a evolución da demanda de axudas económicas para os galegos e galegas do exterior

(12/03/2021)

Emigración analiza, a dez días do remate do prazo de solicitude, a evolución da demanda de axudas económicas para os galegos e galegas do exterior

O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta en Arxentina mantiveron unha reunión coas e cos técnicos de axuda exterior. 

 

O prazo de solicitude remata o 22 de marzo.

 

En total, a Secretaría Xeral da Emigración destinará a esta liña máis de 2,7 millóns de euros. 

 

Imaxe da reunión telemática coas entidades tramitadoras

Imaxe da reunión telemática coas entidades tramitadoras

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, mantiveron unha reunión coas Entidades Tramitadoras de Axudas Individuais co obxectivo de analizar, a dez días do remate do prazo, o avance das solicitudes das axudas económicas individuais que teñen como obxectivo axudar as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade. 

 

No encontro estivo tamén presente o subdirector de Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas.

 

A partida deste ano consolida o incremento de 150.000€ do ano 2020 respecto aos anos anteriores ata alcanzar os 2.750.000 euros. O obxectivo é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de milleiros de familias galegas do exterior que se encontran nunha situación económica precaria, especialmente no actual contexto de pandemia. 

 

O prazo para a solicitude permanecerá aberto ata o 22 de marzo. Trátase dunha axuda de pago único á que Emigración destina cada ano unha parte importante do seu orzamento. Destacar que este ano, os galegos e galegas residentes en Arxentina, Brasil e Uruguai verán reforzadas as axudas que reciben de xeito habitual dada a situación que está a provocar a nivel económico e social nestes países a pandemia.     

 

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e está dirixida ás e aos emigrantes de orixe galega, e a determinadas e determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.


O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

 

A convocatoria abrangue sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.  

 

Para maior información, as e os interesados poden dirixirse ao seguinte enlace: picar aquí

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas