GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A reforma da Lei electoral e o voto rogado debaterase en subcomisión creada para ese efecto

(04/03/2021)

A reforma da Lei electoral e o voto rogado debaterase en subcomisión creada para ese efecto

 

firmas-voto-emigrante



A Rexión Internacional 03/03/2021

Axencia EFE



A reforma da Lei do Réxime Electoral Xeneral que busca a derrogación do voto rogado para os españois residentes no estranxeiro será debatida nunha subcomisión creada para ese efecto e dependente da Comisión Constitucional do Congreso, a condición de que a Xunta de Portavoces así o aprobe.

A Mesa do Congreso admitiu este martes a trámite a solicitude do PSOE e Unidas Podemos de crear unha subcomisión para a reforma da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, tendo en conta que o pasado 23 de febreiro todos os partidos aprobasen por unanimidade tramitar a reforma desta Lei para axilizar os trámites do voto no estranxeiro e permitir que as papeletas cheguen a tempo.

A petición de creación desta subcomisión será aprobada previsiblemente na próxima Xunta de Portavoces.

A proposición de Lei que foi tomada en consideración insta a derrogar o voto rogado, introducido en 2011 e a implementar un sistema de descarga telemática das papeletas.

Tamén amplía o prazo para a apertura dos votos emitidos desde o estranxeiro de tres a cinco días para que o reconto das papeletas poida facerse mellor.

A emendas a esta iniciativa serán debatidas nesta subcomisión e mentres o PP xa avanzou no Pleno que esixirían garantías de identificación no voto por correo e a xeneralización do voto en urna, Cidadáns avogou por listas abertas no réxime electoral xeneral e ERC apostou por un sistema de voto electrónico.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas