GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Provincial de Emigración do PSDEG-PSOE de Ourense ponse ao servizo dos xubilados alemáns que viven en España

(16/02/2021)

A Secretaría Provincial de Emigración do PSDEG-PSOE de Ourense ponse ao servizo dos xubilados alemáns que viven en España


Luis Gulín web
Luís Gulín é o primeiro pola dereita da foto


A Rexión Internacional 15/02/2021


Os socialistas ourensáns comprométense a trasladar as súas demandas ante os deputados e senadores que se encargan de xestionar as reclamacións que afectan tamén os emigrantes retornados.


E é que os xubilados alemáns en España empezan a mobilizarse fronte á Axencia Tributaria denunciado que este organismo ignora o acordo de dobre imposición e busca as pensións dos ex funcionarios estatais de Alemaña que están exentas de declarar en España.

Centenares de alemáns residentes na Costa do Sol e na Costa Branca, que serviron ao estado alemán toda a súa vida profesional como funcionarios públicos, están a recibir requirimentos das oficinas de Facenda para poñerse ao día coas súas supostas débedas tributarias, moitos deles sen recibir ningunha notificación previa e reclamando cantidades de pagos de IRPF entre 2.000 a 20.000 euros.

“Algúns dos afectados tiveron que pedir prestado diñeiro ás súas familias en Alemaña, outros decidiron poñer en venda as súas propiedades en España e retornar a Alemaña ao non poder facer fronte ás débedas tributarias”, explica o secretario provincial de Emigración, Luís Gulín, que tamén apunta que “moitos dos xubilados séntense tratados por parte da Axencia Tributaria como se fosen delincuentes”.

Gulín mantivo unha conversación telefónica co representante do colectivo alemán na Costa Branca, Pedro Blasko, que lle comunicou que os xubilados alemáns, a pesar de presentar toda a documentación de facer as declaracións da renda en Alemaña e certificados traducidos do seu status de ex funcionarios, ven que por parte das autoridades fiscais españolas non se aceptan as súas obxeccións.

Luís Gulín, consultando con diversas xestorías que traballan co colectivo de xubilados alemáns na zona mediterránea, puido constatar que a orixe reside nun erro de información entre as Axencias Tributarias de Alemaña e España. “A AEAT insiste en que existe unha obrigación de comunicarlles no seu primeiro ano de residencia fiscal en España a súa intención de realizar a declaración da renda en Alemaña por estar exentos en base ao convenio de dobre imposición”, explica.

“Esta circunstancia é completamente ignorada polo colectivo alemán, e mesmo bastantes asesorías fiscais descoñecían por completo este trámite supostamente obrigatorio”, apunta o secretario provincial de Emigración dos socialistas ourensáns. Por agora, os xubilados alemáns xa enviaron escritos á Axencia Tributaria, ao Ministerio de Facenda e á Embaixada de Alemaña en España protestando por esta situación inxusta por ter que pagar dúas veces polo mesmo concepto. Non descartan unha demanda ante o Tribunal de Justiza da UE en Luxemburgo.

Luís Gulín comprometeuse a trasladar as súas demandas ante os deputados e senadores que se encargan de xestionar ante o Ministerio de Facenda as reclamacións que afectan tamén os emigrantes retornados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas