GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O certame 'Lingua de namorar' da Xunta, no que poden participar as mozas e mozos galegos do exterior, actualízase con novidades en Instagram na súa décima edición

(15/02/2021)

O certame 'Lingua de namorar' da Xunta, no que poden participar as mozas e mozos galegos do exterior, actualízase con novidades en Instagram na súa décima edición

O concurso de declaracións de amor en galego na rede no que pode participar a mocidade dos 14 aos 35 anos incorpora unha terceira categoría de premio exclusiva para a rede social.

 

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantiveron unha videorreunión con Esther Estévez, presentadora do #DígochoEu.

 

O prazo de participación está aberto ata o vindeiro 12 de marzo

O prazo de participación está aberto ata o vindeiro 12 de marzo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2021.

 

Lingua de namorar, o certame de declaracións de amor en galego na rede dirixido á mocidade que a Xunta de Galicia convoca cada febreiro, por medio das consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Política Social, chega á súa décima edición con novidades importantes. Baixo o lema #NamorarEnPandemia, incorpora unha nova categoría de premio exclusiva de Instagram (IG), ampliando así o seu alcance a unha das redes sociais máis empregadas pola xente nova.

 

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantiveron unha videorreunión con Esther Estévez, coñecida presentadora do espazo #DígochoEu da CRTVG, con motivo da nova convocatoria de Lingua de namorar, no que poden participar mozos e mozas de entre 14 e 35 anos. “É importante visibilizar e dinamizar as iniciativas de promoción do uso do galego nos espazos nos que se move a mocidade, adaptalas a eles, incentivar a súa participación”, sinalou Valentín García.

 

Pola súa banda, a directora xeral sinalou que a mocidade ten unha oportunidade única para amosar nesta nova edición o seu espírito creativo á vez que fai uso das súas habilidades coas novas tecnoloxías. Dúas calidades que, puntualizou, sabe unir á perfección a presentadora Esther Estévez a través do popular cancelo e mediante os seus vídeos en plataformas como Instagram ou TikTok.

 

O prazo de participación no concurso está aberto ata o vindeiro 12 de marzo para que a xente nova poida enviar os seus textos e concorrer aos premios (tres bicicletas eléctricas, dúas tabletas e dúas cámaras deportivas). Non deben superar os 350 caracteres no caso das dúas categorías habituais, na que se ditaminan seis premios, nin os 200 caracteres no caso da terceira nova categoría exclusiva de IG, que inclúe un único galardón. Toda a información e bases poden consultarse aquí.

 

#NamorarEnPandemia e por IG

 

Xa está aquí o mes de #Namorar e, aínda que o mundo está confinado e vivimos circunstancias excepcionais que nos impiden ou dificultan bicar, abrazar ou aloumiñar como desexaríamos, a palabra, a ilusión e a tecnoloxía seguen sendo as nosas grandes aliadas para desconfinar a voz e expresar os sentimentos de #Amor neste tempo de #NamorarEnPandemia.

 

A décima edición do certame inclúe tres categorías de participación: de 14 a 19 anos, de 20 a 35 anos e de 14 a 35 anos. No caso das dúas primeiras, mantén o procedemento habitual de participación no web oficial do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar. Para concorrer á terceira cómpre facelo desde un perfil IG, seguir a @XuventudeGalicia e @LinguaGalega e escribir, na publicación habilitada no primeiro perfil unha mensaxe de amor en galego de ata 200 caracteres data o vindeiro 12 de marzo. Establécese o prazo de votación habitual no caso das dúas primeiras (do 15-23 de marzo) e outro no caso da terceira, ao que concorrerán, de entre todas as que participen, só seis mensaxes finalistas propostas polo xurado (anunciaranse o 31 de marzo e poderanse votar do 1 ao 8 de abril). O 12 de abril farase pública a relación de persoas premiadas.

 

As bases inclúen como premios das dúas primeiras categorías os seguintes: 1º bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam, 2º tableta ZA4G0023SE Lenovo tablet 10,1” 2/32GB e 3º cámara WILD4 3GO cámara deportiva 4k. No caso da terceira categoría, o premio é único: bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam. A entrega de premios está prevista para abril, sempre que as circunstancias sanitarias o permitan.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2021
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas