GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno español admite 251.588 peticións de nacionalidade de familiares de exiliados

(15/02/2021)

O Goberno español admite 251.588 peticións de nacionalidade de familiares de exiliados


Senado Nacionalidad web



A Rexión Internacional 13/02/2021

Axencia EFE


O Goberno admitiu 251.588 peticións de nacionalidade de descendentes de exiliados da Guerra Civil e da ditadura franquista ata 2019, algo máis da metade das solicitudes rexistradas, segundo sinalou EU no Congreso.

O deputado de EU no Congreso, Enrique Santiago, informou este sábado da resposta que recibiu do Goberno por escrito tras a interpelación feita a través de Unidas Podemos sobre os datos, informes e documentación -como pasaportes tramitados- vinculada ás persoas descendentes de exiliados e que solicitaron a nacionalidade española.

Os datos publicados polo Goberno e referidos ata o 31 de decembro de 2019 sinalan que, segundo a Lei de Memoria Histórica, en vigor desde 2007, foron admitidas 251.588 das 476.251 solicitudes de adquisición da nacionalidade española presentadas ata esa data.

Santiago lamentou que o Executivo non da a coñecer todas as cifras "desagregadas por resolucións positivas, denegacións e pasaportes emitidos finalmente" sobre esta posibilidade contemplada na anterior Lei de Memoria Histórica e critica que a información remitida sexa "incompleta".

Desde EU considéranse estes datos "ambiguos", xa que a iniciativa parlamentaria preguntaba de maneira específica e detallada polas persoas descendentes directas dos exiliados pola Guerra Civil e pola ditadura franquista que pediran a nacionalidade española e a resposta non aclara de todo a situación.

Ademais, lamenta que o Goberno afirme que en relación cos pasaportes emitidos a aplicación informática de xestión dos mesmos non permita recollelos e acusa o Executivo de "resolver a cuestión indicando que por tanto, non hai estatísticas do número de persoas ás que se  expediu pasaporte como consecuencia da citada lei".

Esa formación estuda rexistrar outras iniciativas parlamentarias que poidan servir para conseguir mellor información e máis actualizada.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas