GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis dun centenar de universitarias e universitarios galegos do exterior iniciaron xa o proceso de solicitude dunha bolsa BEME Máster

(13/02/2021)

Máis dun centenar de universitarias e universitarios galegos do exterior iniciaron xa o proceso de solicitude dunha bolsa BEME Máster

Esta nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración, que ten coma obxectivo  que os expedientes de alta cualificación poidan cursar un mestrado nunha das tres universidades galegas, estará aberta ata o 30 de abril.

 

A convocatoria para o curso 2021/22 conta con 200 bolsas, un 33% máis que o ano pasado dadas as dificultades da pandemia.

 

Sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, cunhas contías que oscilan entre os 7.000 e os 11.574 euros.

 

Imaxe de arquivo da entrega de diplomas aos bolseiros e bolseiras BEME do curso 2019-2020
Imaxe de arquivo da entrega de diplomas aos bolseiros e bolseiras BEME do curso 2019-2020

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que xa son máis dun centenar os universitarios galegos e galegas do exterior que iniciaron a tramitación dunha bolsa de excelencia mocidade exterior (BEME Máster), cuxa quinta edición supón un novo incremento no número de prazas dispoñibles, pasando das 150 do ano pasado ás 200 para o próximo curso, de cara a paliar as dificultades causadas pola pandemia da covid-19.

 

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación dun total de 200 tituladas e titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

 

As e os interesados puideron comezar a solicitar estas bolsas o pasado 3 de febreiro e o prazo remata o 30 de abril. As beneficiarias e beneficiarios deben ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitido na prescrición dalgún dos mestrados das universidades galegas.

 

A Xunta impulsa así o retorno de currículos brillantes ao tempo que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial, pasando das 150 bolsas do pasado curso ás 200 para o 2021/22, co fin de axudar no regreso de máis mozas e mozos a Galicia polas dificultades que poidan existir no exterior a consecuencia da covid-19.

 

A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aqueles e aquelas que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento total de ata 11.475 euros (en función do continente de procedencia do alumnado). 

 

O obxectivo das BEME é non só atraer cada ano galegos e galegas que viven fóra e que completen aquí a súa formación especializada senón que traballen en Galicia e que fixen tamén no territorio galego definitivamente a súa residencia.

 

Neste sentido, todas e todos os beneficiarios destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende non só captar para Galicia o talento máis brillante de entre os mozos e mozas residentes fóra fomentando o retorno da poboación activa laboral, senón tamén facilitarlles o seu establecemento definitivo na comunidade. A oferta céntrase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas