GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta enxalza o carácter integrador da formación para o emprego e os apoios ao emprendemento no acompañamento á poboación galega retornada

(12/02/2021)

A Xunta enxalza o carácter integrador da formación para o emprego e os apoios ao emprendemento no acompañamento á poboación galega retornada

 

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuníronse hoxe en Santiago de Compostela para abordar mecanismos de promoción do autoemprego e para a integración laboral das galegas e galegos retornados.

 

A Xunta facilita a participación da poboación galega provinte do exterior en programas de inserción sociolaboral e de capacitación, para atraela profesionalmente.

 

Lorenzana e Miranda, durante a reunión de hoxe na capital de Galicia

Lorenzana e Miranda, durante a reunión de hoxe na capital de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2021.

 

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha xuntanza co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, cara a avanzar nas medidas que favorezan a inserción laboral das galegas e os galegos retornados. Ambos os dous representantes autonómicos subliñaron a efectividade demostrada dos programas de emprego nos que se incorporaron as medidas da Estratexia Galicia Retorna polo seu carácter integrador. 

 

A Xunta está a desenvolver esta estratexia que busca, con carácter transversal, atraer ás galegas e galegos residentes no exterior -tanto ás persoas emigrantes como ás e aos seus descendentes- e procurarlles unha cobertura integral das súas necesidades. 

 

Entre estas medidas, búscase facilitar a integración laboral, aspecto para o que resulta fundamental, tal e como subliñou a conselleira de Emprego e Igualdade, “facilitar instrumentos de atracción profesional para a poboación galega residente no exterior; facilitar a súa participación nos programas de inserción sociolaboral ou reforzar a capacitación nas habilidades que demanda o mercado”. 

 

“Neste camiño apostarase por accións transversais dirixidas a persoas galegas retornadas, especialmente a colectivos como a mocidade e as mulleres, e intensificaranse as medidas de apoio ao emprendemento e o autoemprego, en especial nas contornas rurais”, incidiu Lorenzana.  

 

Dende a Secretaría Xeral da Emigración, o seu titular, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que os programas de formación nos que participan as persoas retornadas “non só son eficaces, senón que ademais, son integradores. Axudan a que as persoas que chegan doutras contornas, poidan conseguir un emprego en Galicia e comezar unha nova vida na nosa sociedade. Con eles chegan os seus fillos e as súas familias, aumentando a nosa poboación e enriquecéndoa coa súa experiencia”.

 

Miranda engadiu que estas accións formativas en pro dos retornados e retornadas no ámbito laboral, tanto no traballo por conta allea como propia, son das máis relevantes que se poden desenvolver respecto das familias retornadas porque ditas rendas do traballo son o sustento que garantirá a súa permanencia definitiva en Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas