GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Educación e Emigración destacan a integración inmediata das galegas e galegos retornados no sistema educativo galego

(07/02/2021)

Educación e Emigración destacan a integración inmediata das galegas e galegos retornados no sistema educativo galego

Ambos departamentos autonómicos tamén destacaron a axilidade en Galicia da homologación dos títulos educativos non universitarios dos galegos e as galegas do exterior.

 

Así mesmo acordaron dirixirse ao Goberno do Estado para reiterar a necesidade de axilizar a homologación de títulos universitarios, xa que este retraso obriga a caer no infraemprego ás persoas retornadas con este nivel de estudos.

 

Imaxe da reunión celebrada en San Caetano (Santiago de Compostela)

Imaxe da reunión celebrada en San Caetano (Santiago de Compostela)

 

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, en San Caetano, unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, co obxectivo de continuar a traballar no desenvolvemento dos diferentes proxectos de integración das galegas e galegos retornados, especialmente, no eido da poboación máis nova.    

 

Deste xeito, no encontro analizouse a evolución das liñas de colaboración entre ambos departamentos autonómicos co obxectivo de atraer ás e aos galegos do exterior, fomentando o retorno aos mozos e mozas universitarios que queren realizar mestrados nas tres universidades galegas, ou buscar unha saída laboral a través da formación profesional da nosa comunidade. 

 

Ambos, ademais, coincidiron na necesidade de que, para facilitar este tipo de iniciativa é necesario que o Goberno do Estado axilice a homologación dos títulos universitarios dos galegos e galegas do exterior, tal e como está a facer xa a Xunta de Galicia no ámbito das súas competencias, onde o prazo non supera os tres meses de agarda. Este retraso está a obrigar a caer no infraemprego ás persoas retornadas con este nivel de estudos. Ademais, tamén se destacou a integración inmediata das e dos galegos retornados no sistema educativo galego, facilitando ás familias que poidan retornar con maior garantía.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas