GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración informa da posta en marcha dun novo programa da Xunta que permitirá rehabilitar aldeas do rural con acceso a servizos dixitais

(05/02/2021)

Emigración informa da posta en marcha dun novo programa da Xunta que permitirá rehabilitar aldeas do rural con acceso a servizos dixitais

A Consellería do Medio Rural colaborará no Polo para a Transformación de Galicia que permitirá mobilizar fondos europeos para a transformación do rural.

 

A Xunta actuaría sobre edificacións propiedade da administración autonómica ou dos concellos, aínda que tamén está a estudar a opción de destinar parte destes fondos a axudas a particulares para que melloren os seus inmobles.

 

O obxectivo é atraer poboación, como a das galegas e galegos retornados do exterior, ao rural. 

 

O obxectivo é atraer poboación, como a das galegas e galegos retornados do exterior, ao rural

O obxectivo é atraer poboación, como a das galegas e galegos retornados do exterior, ao rural

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021.

 

A Secretaria Xeral da Emigración informa da posta en marcha dun programa que permitirá rehabilitar aldeas do rural con acceso a servizos dixitais e que formará parte do Polo para a Transformación de Galicia, un proxecto transversal co que a Xunta pretende captar fondos europeos para o desenvolvemento do rural.

 

En concreto, a Consellería do Medio Rural pretende destinar estes fondos á rehabilitación de diversos tipos de edificacións en aldeas modelos, facilitando así os servizos dixitais que permitirían atraer e fixar poboación no rural, como é o caso das e dos emigrantes retornados.  

 

Neste caso, esta rehabilitación permitiría que a Xunta actuara sobre edificacións de propiedade autonómica, pero tamén municipal. Ademais, estase a estudar a posibilidade de destinar unha parte destes fondos a axudas para particulares, co fin de que se sumen á rehabilitación e posta en valor destes inmobles. 

 

A Xunta de Galicia dará, iso si, prioridade, ás edificacións que sirvan para dar servizos á poboación ou a revitalización económica destes núcleos rurais, co fin de buscar un ben común para as cidadás e os cidadáns dese entorno.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas