GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSOE de Ourense publica novos vídeos informativos sobre a declaración da renda de retornados

(05/02/2021)

O PSOE de Ourense publica novos vídeos informativos sobre a declaración da renda de retornados

 

Crónicas da Emigración

Redacción, Ourense | 4 de febreiro de 2021


A Secretaría Provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense acaba de editar dous novos vídeos informativos para o colectivo de emigrantes retornados que traballaron nos países europeos, nalgún momento da súa vida. O propio secretario provincial de emigración, Luís Gulín, informa e dá consellos prácticos cara á próxima campaña da declaración da renda 2020.

“Con estes vídeos téntase responder á demanda de información do colectivo de emigrantes retornados”, explica Gulín. O primeiro dos videos cunha duración aproximada de 5 minutos e baixo o título ‘Declaración da renda 2020 para emigrantes retornados: introdución e segundo pagador’ achega unha introdución xeral á temática e explica o concepto e os diferentes casos que abarca o chamado segundo pagador. “Neste vídeo tratamos de informar aos retornados que son residentes fiscais en España e teñen unha pensión estranxeira ou dúas, sumando tamén unha española, que é o que teñen que ter en conta á hora de presentar a súa declaración da renda do ano 2020”, explica o secretario provincial de Emigración, que tamén apunta que “Facenda xa anunciou que a campaña comezará o 7 de abril e finalizará o 30 de xuño de 2021”.

Gulín afonda na figura do segundo pagador e aclara que para os emigrantes retornados “nada variou con respecto a declaración da renda de 2019, xa que o límite de ingresos exento segue como estaba en 14.000 euros anuais”. Lembra tamén que para a Axencia Tributaria “o primeiro pagador é sempre España e o segundo, o da pensión estranxeira”.

segundo dos videos  cunha duración de 10 minutos trata o tema fiscal das pensións estranxeiras de invalidez e a problemática das deducións das cotas por asistencia sanitaria que se restan nas pensións estranxeiras. Baixo o título ‘Declaración da renda 2020 para emigrantes retornados: pensións de invalidez e deducións das cotas sanitarias’, o secretario provincial de Emigración afonda nas numerosas dúbidas que se lle expoñen aos retornados e trae a primeira plana as incapacidades ou invalideces.

Proximamente emitiranse outros dous vídeos titoriais ao respecto da problemática e os trámites do pago do 5 por cento de IRPF á Facenda alemá e a situación fiscal das prestacións de dependencia desde Alemaña, todos con información actualizada e accesible para todos os interesados. Os vídeos están dispoñibles na lista de reprodución coa que a secretaría provincial de emigración conta na canle de Youtube do PSdeG-PSOE de Ourense.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas