GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración realiza dúas xornadas técnicas con máis de 200 membros das entidades de Europa e América sobre as novas axudas para a realización de obras e adquisición de equipamentos

(05/02/2021)

Emigración realiza dúas xornadas técnicas con máis de 200 membros das entidades de Europa e América sobre as novas axudas para a realización de obras e adquisición de equipamentos

Nestes encontros virtuais trasladóuselles que unha das novidades deste ano é que poden acudir a esta liña todas as entidades, sen diferenza pola súa tipoloxía e que se abre a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión.

 

A Secretaría Xeral destina 575.000 euros á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma de instalacións destes centros.

 

Antonio Rodríguez Miranda, no seu despacho na sede de Emigración na capital de Galicia, durante unha das videoconferencias

Antonio Rodríguez Miranda, no seu despacho na sede de Emigración na capital de Galicia, durante unha das videoconferencias

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu as dúas videoconferencias que se realizaron nas últimas horas con máis de 200 membros das entidades de Europa e América para informarlles sobre a nova liña de axudas destinada á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma de instalacións destes centros. Na reunión tamén estivo presente o subdirector da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño.

 

Esta orde de axudas conta con 575.000 euros de orzamento e, como novidades, este ano poderanse acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferenza pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e cultura galega, así como federacións de entidades e redes sociais.

 

Tal e como se lle explicou ás e aos responsables das entidades galegas do exterior, nesta convocatoria tamén cabe destacar que a Secretaría Xeral da Emigración inclúe unha nova liña de axudas para que as entidades poidan adquirir aplicacións informáticas de xestión para a súa dixitalización, facilitando así por unha banda, a relación coa administración en relación á presentación e xustificación de subvencións, así como co Rexistro de Comunidades Galegas, o que permitirá que teñan actualizada toda a súa documentación. 

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 1 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. En concreto, os demandantes poderán solicitar axudas para obras, reforma de instalacións, conservación do patrimonio cultural e mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

 

O secretario xeral da Emigración, Rodríguez Miranda, destacou que “queremos chegar a todas as entidades nestes momentos de pandemia con todos os recursos dispoñibles”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas