GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As e os emigrantes retornados son prioritarios na nova orde de obradoiros de emprego aos que a xunta destina 30,2M€

(02/02/2021)

As e os emigrantes retornados son prioritarios na nova orde de obradoiros de emprego aos que a xunta destina 30,2M€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde dos programas dirixidos ás e aos menores de 30 anos e mañá a destinada aos obradoiros duais.

 

Os duais contarán cun orzamento de 23,1 millóns deuros para cualificar e favorecer o acceso laboral de 1.200 persoas desempregadas.

 

Priorizarase ás persoas que teñan especiais dificultades de inserción no mercado laboral como son, entre outros, os emigrantes retornados, mulleres vítimas de violencia de xénero, parados de longa duración ou persoas con discapacidade.

 

As e os participantes recibirán, ademais da formación, un contrato de traballo de 9 meses de duración e primaranse os programas que inclúan formación forestal, a posta en valor das rutas do Camiño de Santiago, proxectos de aldeas modelo ou os promovidos por concellos incluídos en áreas declaradas Reservas da Biosfera.

 

O programa de emprego para persoas mozas contará con máis de sete millóns de euros para beneficiar a preto de 300 menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que terán un contrato laboral de 12 meses.

 

Esta iniciativa é unha das máis de medio cento de medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

Esta iniciativa é unha das máis de medio cento de medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2021.

 

A Xunta convoca esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde de axudas para o desenvolvemento dos obradoiros de emprego para a edición 2021-2022. Hoxe mesmo publícase o programa dirixido ás e aos menores de 30 anos, polo que o prazo de solicitude para acceder a estes apoios ábrese a partir de mañá e pechará o 2 de marzo. 

 

As e os emigrantes retornados forman parte dos colectivos que son prioritarios nesta orde ante as especiais dificultades de inserción no mercado laboral cos que se atopan ao seu regreso a Galicia.

 

Doutra banda, o DOG publicará mañá os apoios para os obradoiros duais, que se poderán pedir a partir do mércores.  En global, entre as dúas iniciativas, a Xunta investirá máis de 30,2 millóns de euros co obxectivo de que 1.500 persoas sen emprego amplíen a súa formación ao tempo que acceden a un contrato de traballo. A previsión da Administración autonómica é poñer en marcha, en colaboración cos concellos e as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal, un total de 81 programas.

 

Con respecto á convocatoria do programa de emprego para persoas mozas menores de 30 anos, que se publica hoxe no DOG, a Consellería de Emprego e Igualdade investirá máis de sete millóns de euros para a posta en marcha de 19 obradoiros que beneficien a preto de 300 mozos e mozas de 18 anos o máis inscritas e en situación de beneficiarias no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. As e os participantes, ademais de recibir formación de calidade, contarán cun contrato de traballo de 12 meses de duración. 

 

Os proxectos poderán ser promovidos por concellos, mancomunidades de concellos e entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades. Estes programas tamén inclúen a posibilidade de que os alumnos e alumnas, ao remate dos obradoiros, poidan optar a un contrato laboral nunha empresa da contorna durante un mínimo de seis meses a xornada completa para ocupacións nas materias impartidas na fase de formación. 

 

Programas duais

 

A orde de axudas destinada ao desenvolvemento dos obradoiros duais publícase mañá no DOG. Son apoios que contan cun investimento de máis de 23,1 millóns de euros e dos que se poderán beneficiar os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas aos mesmos, así como entidades sen ánimo de lucro do sector forestal. A Administración autonómica estima poder incrementar as oportunidades laborais de 1.200 galegos e galegas que se atopen en situación de desemprego coa realización destes 62 obradoiros duais. 

 

As persoas beneficiarias, ademais de optar a unha formación de calidade, contarán cun contrato de traballo de 9 meses de duración, ao tempo que desenvolverán servizos de interese xeral e social á comunidade. Ademais, ao remate dos obradoiros, os alumnos e alumnas recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, ao tempo que poderán optar a un traballo posterior en empresas da contorna onde tivo lugar o obradoiro por un período mínimo de tres meses. A Xunta, para iso, concederá incentivos á contratación. 

 

A Consellería de Emprego e Igualdade primará os obradoiros vinculados á formación forestal; á conservación, reforma e posta en valor das rutas de peregrinación delimitadas do Camiño de Santiago; os que teñan por obxecto actuacións enmarcadas en proxectos de aldeas modelo, dirixidas á recuperación e rehabilitación arquitectónica e urbanística; e os promovidos por concellos que teñan todo o parte do seu termo municipal incluído en áreas declaradas Reservas da Biosfera. 

 

Con respecto ás e aos participantes nos obradoiros, priorizaranse ás persoas demandantes de emprego que teñan especiais dificultades de inserción no mercado laboral como son as persoas emigrantes retornadas; as mulleres; as mulleres vítimas de violencia de xénero; aqueles que esgotaran as prestacións e subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; as persoas que non teñan titulación universitaria ou de FP de grao superior; e as persoas con discapacidade.  

 

En definitiva, os obradoiros duais e os dirixidos a menores de 30 anos son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade ocupar a persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado a realización dun traballo efectivo que incida na súa cualificación e favoreza unha posterior inserción laboral. O obxectivo é, en consonancia coa Axenda de Emprego, incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas para minimizar os efectos da crise sanitaria.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas