GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Urdilde rememora os 104 anos da escola dos «habaneiros»

(01/02/2021)

Urdilde rememora os 104 anos da escola dos «habaneiros»

 

Foi un dos tres centros de Rois sufragados por emigrantes

 

Imaxe da inauguración da escola, do arquivo de Clodio González

 

Imaxe dá inauguración dá escola, do arquivo de Clodio González

 


01/02/2021

 

A chamada escola dos habaneiros de Urdilde, no concello de Rois, acaba de cumprir 104 anos da súa inauguración, tal e como lembra o historiador afincado en Santiago Clodio González Pérez. Foi a denominada Sociedade de Instrución Santa María de Urdilde e os seus contornos da Habana, en Cuba, a que promoveu a súa construción.

 

Segundo conta o historiador, os emigrantes, que descubriran ao saír da súa terra que non era o mesmo ser analfabeto que saber ler e escribir, «convertéronse durante as últimas décadas do século XIX e as primeiras do seguinte nos principais impulsores do ensino».

 

Deste xeito, a escola dos habaneiros de Urdilde empezouse a xestar en 1913. O 3 de decembro de 1916 púxose a primeira pedra e o 17 de decembro do ano seguinte foi inaugurada.

 

Non foi a primeira escola de Urdilde, onde xa existía dende había moitos anos un centro público mixto, pero os veciños emigrantes non estaban dacordo con ela porque «se aprendía pouco», segundo relata Clodio González nun artigo publicado na revista Estudios Migratorios do Consello da Cultura Galega. O certo é que, engade o historiador, a realidade era moi distinta porque «o absentismo chegaba a ser tan grande que nos meses de máis traballo no campo quedaba case sen alumnos». Ademais da casa, os emigrantes tamén correron cos custos do mestre e do material escolar ata a crise cubana de comezos dos anos trinta, en que ante a imposibilidade de continuar co seu sostemento, a sociedade acordou deixarlle o edificio ao Concello para que seguise como escola, onde estivo ata 1974, ano no que entra en funcionamento o actual colexio de Urdilde.

 

No municipio de Rois houbo tres centros sufragados pola emigración: a escola de Buxán; a do Sisto, en Ribasar, e a de Urdilde, segundo explica Clodio González. Esta última era mixta pero, pouco antes de ter que fechar por non dispoñer de ingresos por mor da crise cubana dos anos 30, tiñan proxectado ampliar o edificio ou construír outro novo só para escola de nenas. Na actualidade, o Concello ten cedido o uso do inmoble, que foi reformado para acoller nunha parte unha oficina municipal mentres o resto quedou para local social para uso dos veciños da parroquia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas