GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta publica no DOG as axudas económicas individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade

(29/01/2021)

A Xunta publica no DOG as axudas económicas individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade

Estes apoios destínanse directamente ás persoas en grave risco social, especialmente no actual escenario de pandemia. 

 

O prazo de solicitude ábrese o próximo luns e poderanse presentar ata o 22 de marzo.

 

En total, a Secretaría Xeral da Emigración destinará a esta liña máis de 2,7 millóns de euros. 

 

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 1 de febreiro, e permanecerá aberto ata o 22 de marzo

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 1 de febreiro, e permanecerá aberto ata o 22 de marzo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021.

 

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas económicas individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade.

 

A partida deste ano consolida o incremento de 150.000€ do ano 2020 respecto aos anos anteriores ata alcanzar os 2.750.000 euros. O obxectivo é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de milleiros de familias galegas do exterior que se encontran nunha situación económica precaria, especialmente no actual contexto de pandemia. 

 

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 1 de febreiro, e permanecerá aberto ata o 22 de marzo. Trátase dunha axuda de pago único á que o departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda destina cada ano unha parte importante do seu orzamento. Destacar que este ano, os galegos e galegas residentes en Arxentina, Brasil e Uruguai verán reforzadas as axudas que reciben de xeito habitual dada a situación que está a provocar a nivel económico e social nestes países a pandemia. 

    

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e está dirixida ás e aos emigrantes de orixe galega, e a determinadas e determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.


O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

 

A convocatoria abrangue sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras, por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas, por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas, por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas, para as mulleres que sufran violencia de xénero; e, as últimas, para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.  

 

Para maior información, os interesados e interesadas poden dirixirse ao seguinte enlace: picar aquí.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas