GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración pon en marcha unhas xornadas formativas sobre a nova orde de Axudas Económicas Individuais que se publica o próximo venres 29

(28/01/2021)

Emigración pon en marcha unhas xornadas formativas sobre a nova orde de Axudas Económicas Individuais que se publica o próximo venres 29

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, abriu estes encontros cunha videoconferencia co persoal técnico das oficinas de Venezuela. 

 

O obxectivo é ter todo preparado para poder axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social dada a grave situación xerada pola pandemia.

 

A Xunta de Galicia destinará este ano a esta liña de axudas 2,7M€ que se verán reforzados a través das axudas de emerxencia que se publicarán proximamente.

 

Imaxe, na Secretaría Xeral da Emigración, da primeira das xornadas formativas para o persoal técnico das oficinas en América

Imaxe, na Secretaría Xeral da Emigración, da primeira das xornadas formativas para o persoal técnico das oficinas en América

 

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2021.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na primeira xornada formativa sobre a nova orde de Axudas Económicas Individuais que se desenvolverá coas diferentes oficinas de información coas que conta a Xunta de Galicia nos países de América co obxectivo de ter todo preparado para axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social.

 

A primeira destas xornadas desenvolveuse co persoal técnico da Hermandad Gallega de Venezuela, entidade colaboradora en materia de subvencións coa Xunta, e das oficinas e puntos de información de Valencia, Maracaibo e Puerto La Cruz.

 

No encontro estivo tamén presente o subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, e a xefa de sección do Servizo de Programas socio-asistenciais, Chelo García Gambino. As próximas reunións desenvolveranse con Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai.

 

Deste xeito, Rodríguez Miranda recordou que a nova orde publicarase o próximo 29 deste mes no Diario Oficial de Galicia, cunha partida que consolida o incremento de 150.000€ do ano 2020 respecto aos anos anteriores ata alcanzar os 2.750.000 euros. O obxectivo é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de milleiros de familias galegas do exterior que se encontran nunha situación económica precaria.

 

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 1 de febreiro, e permanecerá aberto ata o 22 de marzo. Trátase dunha axuda de pago único á que o departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda destina cada ano unha parte importante do seu orzamento. Destacar que este ano, os galegos e galegas residentes en Arxentina, Brasil e Uruguai verán reforzadas as axudas que reciben de xeito habitual dada a situación que está a provocar a nivel económico e social nestes países a pandemia.    

 

“Con estas reunións buscamos ter todo xa preparado para recibir as solicitudes das familias dos galegos residentes en Venezuela, de cara a que poidan axilizarse as mesmas, xa que somos conscientes das enormes dificultades que moitos deles están a pasar non só pola situación económica do propio país, senón tamén polo impacto que está a provocar a covid-19”, engadiu o secretario xeral. “A Xunta de Galicia quere estar ao carón dos nosos galegos e seguir a apoialos no que precisen, e máis en tempos tan difíciles como os actuais”.

 

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e está dirixida ás e aos emigrantes de orixe galega, e a determinadas e determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.


 
O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

 

A convocatoria abrangue sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.  

 

En 2020 destináronse un total de 2,7M€ do orzamento para apoiar a case 8.000 familias galegas do exterior que se atopan en situación de vulnerabilidade económica e social, destacando o caso de Venezuela, onde se incrementaron as axudas económicas individuais pasando das 1.115 do 2019 ás 1.446 en 2020. 

 

No caso das axudas económicas individuais, a idade media da persoa solicitante o ano pasado foi de 77 anos, sendo persoas que se atopan de xeito habitual en situación de necesidade social. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas