GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A poboación estranxeira cuadriplicouse na Costa da Morte nos últimos 20 anos

(25/01/2021)

A poboación estranxeira cuadriplicouse na Costa da Morte nos últimos 20 anos

 

Xa hai máis de 2.200 foráneos empadroados, cun gran salto producido durante o ano pasado, en plena pandemia

 


CARBALLO / La Voz 24/01/2021

 

Nos 16 municipios de Bergantiños, Soneira e Fisterra, ademais de Cerceda, hai 2.260 estranxeiros empadroados. Moi probablemente a cifra é superior, pero eses son os que aparecen de xeito oficial no censo, que acaba de publicar, como todos os anos en xaneiro, o Instituto Nacional de Estatística (INE). Son datos correspondentes ao 2020, recollidos xa a mediados de ano, co que a cifra real pode variar nalgúns casos coa actual.

 

A cifra de 2.260 é significativa por varios aspectos, máis aló das meras dinámicas que se apreciaban sempre dun exercicio para outro para quen estivese atento a estes datos. E cando había saltos notábanse ben: a chegada de poboación de Arxentina e de Uruguai, sobre todo a Carballo, a principios de século; a marcha cando chegou a crise económica, emigración local incluída... Polo demais, case rutinas, con alzas e baixas.

 

Pero esta nova cifra si é rechamante. En primeiro lugar, é a máis elevada desde que o censo se publica do actual xeito, cun cambio iniciado no 2001. En segundo lugar, cuadriplica os datos daquel primeiro momento, cando apenas se superan os 500 veciños do estranxeiro. É certo que os datos dos empadroamentos hanse afinado moito desde entón, pero aínda así dá unha boa idea do crecemento, que contrasta coa baixada xeral de poboación municipal: os case 110.000 veciños da zona sono grazas a eses máis de dous mil foráneos.

 

E outro aspecto moi relevante é o crecemento do 2019 ao 2020: de 1941 a eses 2.260. Son máis de 300 altas, e iso non adoitaba verse. Xa só en Carballo pasou de 657 a 766, case un centenar do total, pero hai alzas en máis lugares. A Laracha, por exemplo, de 235 a 282. Tamén hai descensos, pero poucos.

 

En Carballo non hai concellaría de Inmigración, pero no departamento de Benestar si hai relacións con bastantes estranxeiros. O ano pasado, menos, porque polas restricións da pandemia moitas xestións (como o resto de lugares) foron telemáticas. Maica Ures, a edila responsable, sinala que xusto antes dos peches si ver máis movemento, sobre todo para liquidar dúbidas xurídicas e administrativas. Tamén lle constan casos de xente que chegou a establecerse simplemente porque lle gustou o municipio. E, tamén como en máis puntos, houbo altas de emigrantes retornados acompañados das súas familias, que en bastantes casos seguen constando coa súa nacionalidade orixinal. Durante todo o ano se viron chegadas (e compras de casas) de persoas que buscaban máis tranquilidade que nas cidades, tanto de España como do estranxeiro, e iso acábase reflectindo no padrón.

Pero municipios heteroxéneos adoitan ter respostas heteroxéneas. Os peregrinos que deciden quedar só se notan nas localidades pola que pasa o Camiño, sobre todo Fisterra, Muxía ou Cee. E os motivos laborais tamén son unha poderosa razón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas