GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados benefícianse da Tarxeta Benvida, que chegou a preto de 67.000 galegos durante o últimos cinco anos

(21/01/2021)

Os retornados benefícianse da Tarxeta Benvida, que chegou a preto de 67.000 galegos durante o últimos cinco anos


Crónicas da Emigración

Redacción, A Coruña | 20 de xaneiro de 2021


Fabiola Garcia, durante el encuentro con familias beneficiarias de la Tarxeta Benvida en Lousame.

Fabiola Garcia, durante o encontro con familias beneficiarias da Tarxeta Benvida en Lousame.

 

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que a Tarxeta Benvida chegou a preto de 67.000 galegos durante os seus cinco anos de vida. Desde 2016 o Goberno galego leva investidos un total de 91 millóns de euros nesta prestación, segundo lembrou a responsable do departamento autonómico nun encontro mantido con dúas das familias beneficiarias desta axuda no concello coruñés de Lousame.

Fabiola García sinalou que esta aposta incondicional continuará durante este ano 2021. Neste sentido, apuntou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes 19 unha nova orde que destina 32,2 millóns de euros a esta axuda, e que permitirá que os nados neste ano sigan tendo acceso a ela para a compra de produtos básicos como alimentos, cueiros, roupa, berces ou produtos de hixiene e farmacéuticos.

Neste sentido, resaltou que a Xunta foi mellorando durante estes anos a Tarxeta Benvida para chegar cada vez a máis familias. Entre outras modificacións, ampliouse o prazo para solicitala durante o embarazo; aplicouse un complemento ás familias que viven en concellos de menos de 5000 habitantes, ás familias numerosas e ás familias con menos recursos; e adaptou os requisitos para que a poidan solicitar os galegos retornados.

Outras axudas

Doutra banda, a conselleira fixo fincapé en que a Xunta tamén impulsa outras medidas destinadas a converter Galicia no mellor lugar para formar unha familia. É o caso da gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos, que beneficia aos centros autonómicos, privados, de iniciativa social e aos municipais que, como no Concello de Lousame, decidisen adherirse.

Así mesmo, concretou que todas estas medidas para apoiar ás familias galegas están incluídas na Lei de Impulso Demográfico, que se debaterá a semana próxima no Parlamento galego para a súa aprobación definitiva. Trátase, engadiu, dunha normativa que converterá a Galicia en pioneira en elevar a rango de lei as políticas demográficas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas