GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría de Emigración do PSDEG-PSOE de Ourense lembra aos retornados de Alemaña que en xaneiro deben enviar unha fe de vida ao organismo pagador das pensións

(20/01/2021)

A Secretaría de Emigración do PSDEG-PSOE de Ourense lembra aos retornados de Alemaña que en xaneiro deben enviar unha fe de vida ao organismo pagador das pensións


Luis Gulín, secretario de Emigración de los socialistas ourensanos, es el primero por la derecha
Luís Gulín, secretario de Emigración dos socialistas ourensáns, é o primeiro pola dereita


A Rexión Internacional 19/01/2021

 

En 2020 houbo atrasos e falta de pagos da pensión privada que segundo afirma o secretario de Emigración do PSDEG-PSOE de Ourense,, Luís Gulín, “débese a que desde o 1º de xaneiro de 2020 as aseguradoras contratadas polas empresas alemás xa non envían un documento de fe de vida”.

O secretario de Emigración dos socialistas ourensáns, Luís Gulín, explica que “no ano 2020 moitos retornados que cobraban esa pensión complementaria estrañáronse que durante meses non se lles abonaba esa pensión privada que adoita ser de cantidades pequenas”. “A razón da falta de pagos e dos atrasos radicaba que desde o 1º de xaneiro de 2020 as aseguradoras contratadas polas empresas alemás xa non envían un documento de fe de vida”, apunta Gulín. Ese papel os retornados normalmente levábano a selar ao concello ou ao Xulgado. Agora cada perceptor da Betriebsrente ten que enviar de oficio e pola súa conta unha fe de vida a Alemaña para poder seguir cobrando esa pensión.

Desde a Secretaría Provincial de Emigración destacan que os retornados “deben consultar coa empresa ou coa aseguradora que abona esa pensión privada a periodicidade do envío da fe de vida, xa que algúns a requiren anualmente e outros cada dous anos”. Namentres, algunhas grandes empresas alemás multinacionais seguen enviando un documento de fe de vida para validar en España.

 

A Secretaría Provincial de Emigración do PSDEG-PSOE de Ourense ponse ao dispor dos emigrantes retornados de Alemaña para calquera dúbida ou consulta que poden realizar escribindo á seguinte dirección de correo electrónico: cp-ourense@psdeg-psoe.org.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas