GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración convoca axudas económicas individuais por 2,7M€ para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade, en especial ante as circunstancias da covid-19

(18/01/2021)

Emigración convoca axudas económicas individuais por 2,7M€ para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade, en especial ante as circunstancias da covid-19

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que estes apoios destínanse directamente ás persoas en grave risco social.

 

Estes apoios económicos veranse reforzados a través das axudas de emerxencia que se publicarán tamén nos próximos días.

 

Case 8.000 familias resultaron beneficiadas con estas axudas en 2020.

 

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 1 de febreiro e permanecerá aberto ata o 22 de marzo

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 1 de febreiro e permanecerá aberto ata o 22 de marzo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021.

 

A Secretaria Xeral da Emigración publicará o próximo 29 deste mes no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas económicas individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade.

 

A partida deste ano consolida o incremento de 150.000€ do ano 2020 respecto aos anos anteriores ata alcanzar os 2.750.000 euros. O obxectivo é paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria de milleiros de familias galegas do exterior que se encontran nunha situación económica precaria.

 

O prazo para presentar a solicitude abrirase o 1 de febreiro, e permanecerá aberto ata o 22 de marzo. Trátase dunha axuda de pago único á que o departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda destina cada ano unha parte importante do seu orzamento. Destacar que, este ano, as galegas e galegos residentes en Arxentina, Brasil e Uruguai verán reforzadas as axudas que reciben de xeito habitual dada a situación que está a provocar a nivel económico e social nestes países a pandemia.    

 

A convocatoria deste programa da Secretaría Xeral da Emigración realízase en réxime de concorrencia non competitiva e está dirixida ás e aos emigrantes de orixe galega, e a determinadas e determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.


 
O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

 

A convocatoria abrangue sete tipos de axuda. As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; as terceiras por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.  

 

En 2020 destináronse un total de 2,7M€ do seu orzamento para apoiar a case 8.000 familias galegas do exterior que se atopan en situación de vulnerabilidade económica e social, destacando o caso de Venezuela, onde se incrementaron as axudas económicas individuais pasando das 1.115 do 2019 ás 1.446 en 2020. 

 

No caso das axudas económicas individuais, a idade media da persoa solicitante o ano pasado foi de 77 anos, sendo persoas que se atopan de xeito habitual en situación de necesidade social. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas