GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha nova entrega do especial “Historias de ida e volta” documenta os oficios masculinos na emigración

(15/01/2021)

Unha nova entrega do especial “Historias de ida e volta” documenta os oficios masculinos na emigración

A cuarta entrega do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, pon o foco nesta ocasión nos oficios desempeñados polos emigrantes nos países de acollida. 

 

Fotografías de operarios da construción, limpadores, fogueiros nos ferrocarrís, cargadores nos peiraos, choferes ou empregados no servizo doméstico son algúns dos traballos que documenta esta nova entrega.

 

Esta iniciativa pretende contribuír á difusión de materiais que custodia o Arquivo da Emigración Galega (AEG) para visibilizar o fenómeno migratorio.

 

“Traballando en América” é o título da cuarta entrega do especial “Historia de Ida e Volta”

“Traballando en América” é o título da cuarta entrega do especial “Historia de Ida e Volta”

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021.

 

A cuarta entrega do especial “Historias de Ida e Volta” leva por título Traballando e está centrado en amosar os traballos desempeñados polos homes na emigración. Malia a que a inmensa maioría das persoas que decidiron emigrar de Galicia cara a América procedían do mundo rural, ao chegaren aos países de destino, lonxe de instalarse no campo, acabaron aveciñándose nas emerxentes cidades, que lles ofrecían maiores posibilidades de emprego e obter beneficios económicos a curto prazo. Operarios da construción, limpadores, fogueiros nos ferrocarrís, cargadores nos peiraos, choferes ou empregados no servizo doméstico, sen esquecer aqueles que seguiron preferindo o mar como medio de subsistencia son os traballos que desempeñaron dado o seu escaso nivel de formación.  O especial apunta que os emigrantes “destacaron no pequeno comercio de alimentación e na hostalaría, sendo habitual que os seus negocios familiares pasasen ás mans dos fillos ou sobriños reclamados á terra, retroalimentando deste xeito o proceso migratorio”.

 

Nesta ocasión amosamos algúns oficios desempeñados principalmente por homes. A muller galega tamén foi protagonista no fenómeno da emigración, realizando diversas ocupacións, ás que dedicaremos un especial monográfico máis adiante.

 

Todas as imaxes e documentos que aquí se expoñen forman parte do patrimonio fotográfico e documental que se conserva e salvagarda no Arquivo da Emigración Galega. Moitas delas forman parte de coleccións particulares que a cidadanía doou á institución, un proxecto que está permanente aberto para as e os que queiran colaborar. 

 

Historias de ida e volta

 

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, mantén o especial “Historias de ida e volta” para dar a coñecer materiais que documentan o fenómeno migratorio. A primeira entrega deste especial explicaba o proceso de partida cunha serie de permisos e documentos que precisaron os e as emigrantes para poder saír do país. A segunda entrega centrouse no Centro Gallego de La Habana, símbolo do poderío e da grandeza que acadou a colectividade galega na illa ao longo dos séculos XIX e XX. A terceira entrega documenta con imaxes e outros documentos que tiveron que pasar as e os emigrantes no momento da chegada dos galegos e galegas a América no século XX.

 

Arquivo da Emigración Galega

 

O Arquivo da Emigración Galega é un centro que desenvolve proxectos de investigación que intentan aproximarse ao fenómeno migratorio desde os máis diversos enfoques, cun carácter netamente interdisciplinar. Entre as súas áreas de traballo está a difusión de estudos sobre o fenómeno migratorio, a través de publicacións de obras de interese cultural e científico. Está dirixido por Xosé Manoel Núñez Seixas e conta entre as e os seus membros con Antía Pérez, Xesús Fraga, Raúl Soutelo ou Luís Domínguez.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2021
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas