GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Falece José López Pin, un dos impulsores e fundadores do Centro Galicia de Buenos Aires

(13/01/2021)

Falece José López Pin, un dos impulsores e fundadores do Centro Galicia de Buenos Aires


Crónicas da Emigración

Redacción, Buenos Aires | 12 de xaneiro de 2021


López Pin –2º por la izda.–, con Vila Alén y los expresidentes Héctor Fernández y Manuel Peleteiro, durante el 40º aniversario del Centro Galicia.

López Pin –2º pola esda.–, con Vila Alén e os expresidentes Héctor Fernández e Manuel Peleteiro, durante o 40º aniversario do Centro Galicia.


A colectividade galega, e española en xeral, mostrou o seu pesar pola morte de José López Pin, un dos impulsores da fusión dos centros provinciais para constituír o Centro Galicia de Buenos Aires, entidade da que actualmente era vogal na súa Xunta Directiva.

Este lucense, nado en 1937, foi quen propuxo durante unha cea de celebración do Día de Galicia a unión da colectividade. Nese momento, e sendo expresidente do Centro Lucense, iniciou as conversacións para a unificación que logo continúo Darío Lamazares e que culminaron na constitución do Centro Galicia de Buenos Aires.

“Neste día triste, no que despedimos ao amigo e ao mestre, temos que recoñecer que o Centro Galicia e toda a colectividade ten unha débeda impagable con José López Pin, un modelo de conduta, de xestión e de patriotismo. E, sobre todo, lembrar que foi un ser de bondade e dunha nobreza de dimensión infinita”, sinala o actual presidente da entidade, José Vila Alén, na conta de Facebook da entidade.

A través desta rede social tamén expresaron o seu pesar institucións como a Federación de Sociedade Castelán Leonesa ou o Centro Zamorano, así como amigos e membros da colectividade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas