GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración apoiou a case 8.200 familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade económica e social

(07/01/2021)

Emigración apoiou a case 8.200 familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade económica e social

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que estas axudas foron solicitadas dende 7 países diferentes.

 

Estes apoios centráronse en dúas liñas de axuda, de carácter económico e individual, destinadas directamente ás persoas en grave risco social.

 

Foto de arquivo do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia

Foto de arquivo do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2021.

 

A Secretaria Xeral da Emigración destinou en 2020 un total de 2,95M€ do seu orzamento para apoiar a case 8.200 familias galegas do exterior que se atopan en situación de vulnerabilidade económica e social.

 

Cabe destacar o caso de Venezuela, onde se incrementaron as axudas económicas individuais pasando das 1.000 do 2019 ás 1.400 en 2020. 

 

No caso das axudas económicas individuais, a idade media da persoa solicitante é de 77 anos, e soen ser persoas que se atopan de xeito habitual en situación de necesidade social. Estas axudas, preto dunhas 8.000, van dende os 195 euros ata os 202 euros en Cuba, e no resto de países entre os 769 e os 850 euros.

 

En canto á liña de axudas de emerxencia, aprobáronse 204 solicitudes destinadas a familias que tiveran situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial e que precisasen unha atención urxente.

 

En total, beneficiáronse case 8.200 familias de 7 países.

 

Aumento do orzamento para 2021

 

O orzamento para estas axudas foise incrementando anualmente, pasando dos 2 millóns en 2013 aos 2,95 do 2020. Cara ao próximo ano, a Secretaría Xeral reforzará con 3,32 millóns de euros estas axudas económicas directas que incluirán unha partida de 500.000 destinadas a axudas de emerxencia derivadas dos efectos da covid-19.

 

Finalmente, o secretario xeral quixo tamén facer mención á colaboración das entidades galegas nestes países de cara a poder xestionar estas axudas de carácter individual e económico e conseguir que cheguen a quen máis o necesita.  “Sen a labor destas entidades, sería imposible achegarse a todos os galegos que pasan necesidade. O apoio da Xunta de Galicia a estas entidades é o apoio de tódolos galegos aos nosos compatriotas nestes países. Galicia non vai fallar”, engadiu Rodríguez Miranda, quen matizou que as “nosas institucións galegas no exterior son os nosos ollos, para saber quen precisa da nosa axuda, e as nosas mans, para chegar ata eles”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas