GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A segunda fase do Sistema de Acollida estará reservada a beneficiarios de protección internacional

(04/01/2021)

A segunda fase do Sistema de Acollida estará reservada a beneficiarios de protección internacional


ordenador

 

Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

04/01/2021


-A secretaria de Estado de Migracións asinou unha instrución que adapta os tempos de estancia na primeira fase aos prazos de resolución das solicitudes de asilo


-As persoas que accedan ao Sistema de Acollida de Protección Internacional a partir do 1 de xaneiro do 2021, só poderán ser derivadas á segunda fase se son beneficiarias de protección internacional

 

 

A secretaria de Estado de Migracións, Hana Jalloul, asinou unha instrución que modifica o manual de xestión e o procedemento de xestión do itinerario do Sistema Nacional de Acollida para adaptar a estancia e os recursos ofrecidos en cada fase aos prazos de resolución das solicitudes de protección internacional. A través da mesma, establécese que queda reservada a segunda fase do sistema ás persoas que obtivesen dita protección.

O Sistema de Acollida de Protección Internacional está baseado nunha metodoloxía planificada en itinerarios por fases. Así, existe un estudo previo de cada caso (fase de avaliación e derivación), que permite ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións valorar as necesidades de cada solicitante de asilo e a súa derivación ao recurso máis adaptado ás súas circunstancias. Unha vez esta valoración finaliza, comeza o itinerario, dividido en dúas fases: en primeiro lugar, a acollida (primeira fase); en segundo lugar, a preparación do solicitante de asilo para a súa autonomía (segunda fase).

A través desta instrución, establécese que as persoas que estean a acceder ao Sistema de Acollida de Protección Internacional a partir do 1 de xaneiro de 2021 poidan ser derivados a esta segunda fase unicamente se xa viron concedida a protección internacional. O resto dos destinatarios realizará o seu itinerario completo na primeira fase, (cuxo prazo máximo é de 6 meses). A finalidade desta primeira fase consiste en ofrecer prestacións básicas como aloxamento e manutención e axudalos na adquisición de habilidades necesarias para iniciar unha vida independente unha vez termine a súa estancia no recurso de acollida. É por iso que esta primeira fase consta de actuacións tales como a aprendizaxe do idioma a asistencia xurídica ou a atención psicolóxica entre outras.

A segunda fase, á que a partir de agora só accederán quen foran recoñecidos como beneficiarios de protección internacional, comeza cando as persoas terminan a súa estancia no dispositivo de acollida e precisan dun apoio suplementario. Nela, asegúranse as prestacións básicas e compleméntanse poñendo ao dispor destas persoas axudas económicas. Hana Jalloul prevé nesta instrución a posibilidade de que a Dirección Xeral de Inclusión e Atención Humanitaria determine que outros destinatarios poderían acceder a esta segunda fase en caso de non cumprir con este novo requisito.

Coa presente normativa, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións busca reforzar a eficiencia do Sistema de Acollida naqueles destinatarios que obtiveron a protección internacional en España, ou que chegan a España con esta concedida, como pode ser o caso das persoas refuxiadas ou beneficiarias de protección subsidiaria.

Nos últimos anos, produciuse en España un notable incremento nas solicitudes de protección internacional. Mentres que no 2017 presentáronse 31.740 solicitudes de asilo, no 2018 aumentaron ata 55.668, alcanzando no 2019 a cifra de 118.273 solicitantes. Ao redor do 30% das persoas que solicitan asilo demandan tamén acceso ao Sistema de Acollida, que está obrigado a atender a todos aqueles solicitantes que carezan de medios que cubran as súas necesidades básicas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas