GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes asentados en Lugo axudan a rexuvenecer a poboación

(03/01/2021)

Os inmigrantes asentados en Lugo axudan a rexuvenecer a poboación 

 

Rábade é o oitavo concello galego con maior taxa de inmigración; de cada 1.000 habitantes, 84 son foráneos

 

La Voz de Galicia

Uxía Carreira

 

O saldo migratorio anual, que é a diferenza entre as entradas e as saídas de poboación, conserva a súa tendencia de subida que empezou no 2016 en toda a comunidade. Segundo o informe publicado a finais do 2020 polo Instituto Galego de Estatística (IGE), os últimos datos recolleitos no 2019 guindan unha diferenza positiva de 17.747 entradas con respecto ás saídas. No caso da provincia de Lugo, a diferenza foi de 1.808 persoas. Tal e como explica o IGE, un saldo migratorio positivo fala do atractivo que resulta un territorio. E a través da súa análise,pódese observar o dinamismo poboacional do lugar, xa que estuda ás persoas que establecen nel a súa residencia habitual.

 

O dato máis relevante do saldo migratorio da provincia é a idade media. As persoas que chegaron teñen de media 36,1 anos e no caso dos estranxeiros de fóra de España, a cifra baixa ata os 32,5 anos. Pola súa banda, os galegos fóronse cunha idade media de 37,1. É o terceiro ano consecutivo en que a poboación inmigrante é máis nova que a emigrante. Ademais, das persoas estranxeiras residentes en Galicia, tan só un 6,3% ten máis de 65 anos, o que consolida que o proceso migratorio está favorecendo o rexuvenecemento da poboación galega. O 95% destes novos residentes son orixinarios de fóra de España. Un factor importante para a capital lucense, que xa é a primeira das sete grandes cidades galegas, empatada coa Coruña, en poboación estranxeira, ao ter un 5,3%.

 

Rábade é o oitavo concello galego con maior taxa de inmigración ; de cada 1.000 habitantes, 84 son foráneos

 

 O IGE distingue no seu estudo as idades medias dos inmigrantes por grao de urbanización da súa residencia. Divídeas en zonas pouco poboadas, zonas densamente poboadas e zonas intermedias. É nas menos poboadas onde a diferenza entre os que chegan e os que se van é maior. De media, os inmigrantes teñen 40,22 anos e os emigrantes, 41,69. Un factor especialmente destacado pola necesaria recuperación demográfica das zonas rurais da provincia.

 

Destaca este parámetro para o concello lucense de Rábade, que está entre os dez municipios de toda Galicia con maior taxa de inmigración , na oitava posición. O municipio da Terra Chá conta cunha taxa de 84 habitantes de orixe estranxeira por cada 1.000. Grazas ás chegadas, outros concellos pequenos como Ribas de Sil, Navia de Suarna, A Pobra do Brollón ou Bóveda pechan os últimos datos do ano cun saldo positivo.

 

Aínda así, polo balance de falecementos, as taxas de inmigración non conseguen afectar á cantidade de poboación absoluta. A súa principal importancia reside no rexuvenecemento da poboación e polo tanto, na maior posibilidade de que os novos residentes teñan fillos no rural e así favorezan a recuperación demográfica, o que fai fronte ao desafío galego ante o baixo número de nacementos e o rápido envellecemento da poboación. Ademais, potencian a actividade rural e ocupan diversos postos de traballo, destacando en Lugo os de sectores agrícolas e os de coidados.

 

Unha materialización desta tendencia déixana, por exemplo, os estranxeiros ligados ao Camiño de Santiago nas localidades despobladas do interior da provincia. En aldeas próximas ás rutas xacobeas ou no propio itinerario son os estranxeiros os que están a recuperar zonas abandonadas. Trátase de peregrinos novos que se mudan en solitario, en idade de ter fillos, ou xa con parella ou familia. En ambos os casos, co propósito de vivir do negocio turístico e asentarse no rural lucense. Favorecen así a recuperación demográfica dos concellos de interior e ademais manteñen a vida en poboacións sen apenas habitantes. 

 

«Lugo ten a tranquilidade que buscaba, ademais de mellores prezos e soldos»

 

Astor Suárez, emigrante cubano asentado en A Milagrosa

Astor Suárez, emigrante cubano asentado na Milagrosa

 

O cubano Astor Suárez é o exemplo do perfil de inmigrante do que fala o estudo do Instituto Galego de Estatística e é unha mostra do atractivo que ten o territorio lucense. Astor emigrou de Cuba a Galicia hai tres anos para asentarse en Lugo, tras probar sorte en Italia e en Barcelona. Ten 38 anos, pero chegou á cidade con 35 e é pai de tres fillas de 12, 11 e tres anos.

 

En Cuba , se graduó en Danza Moderna, estudou na Escola Nacional de Arte e traballou no Gran Teatro da Habana. «As dificultades, todas as situacións que vivín e a represión do Goberno fixeron que dese o paso a marcharme de Cuba», explica.

 

Astor emigrou en procura dunha maior estabilidade laboral para poder manter á súa familia. «Coa maleta chea de emocións», perfila. A pesar de que a súa experiencia en Italia ou Barcelona foi boa, opina que os altos prezos e o ritmo de vida non compensaban. Polo que decidiu finalmente asentarse en Lugo, por ser unha localidade que si se axustaba ao que busca un emigrante. «Vivín en moitos sitios e ningún tivo a tranquilidade que dá Lugo, sobre todo polos seus veciños», argumenta.

 

Os outros factores esenciais para a elección deste cubano son as rendas e os prezos de alugueiro. «Moito mellores que onde eu vivira antes». O título de danza de Astor non é válido en España, polo que o cubano está a volver a estudar para poder exercer a súa profesión. Mentres tanto, leva todos estes anos traballando na hostalería. Explica que os soldos se axustan ao estilo de vida que pide a cidade, sobre todo con respecto aos alugueiros. «Aínda así, creo que atopar vivenda para un estranxeiro é máis complicado que para unha persoa orixinaria de España ou Galicia», conta. A elección de Astor é con vistas ao futuro. «Galicia é un lugar para prosperar», sentenza.

 

Mentres Astor é agora residente de Galicia, o seu lugar de procedencia, América, é o lugar onde se fixeron máis inscricións de galegos no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro. Segundo o IGE, foron tres de cada catro rexistrados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas